2019/20

Taller de Percusión

O martes 4 de febreiro, o alumnado de 3º ESO e o grupo de 4º ESO que ten música estiveron nuns talleres de percusión impartidos polo profesor Didier Díaz de Eco percusión.

No taller traballamos co instrumentos de material reciclado como botes de pintura e os alumnos/as aprenderon a coller as baquetas, a tocar diferentes ritmos e o máis importante, a facer a unión dos distintos ritmos nunha pequena peza de percusión coa participación de todas as persoas do grupo. Aprenderon a importancia de facer ben o traballo cando estou nun grupo para que o grupo funcione ben e como cada papel é importante.

Traballamos a coordinación das mans e a concentración. Todos os grupos saíron contentos co resultado e a actividade foi divertida e interesante á vez.

Taller de Percusión

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Metidos en febreiro e a voltas co amor e co entroido, publicamos os relatos gañadores do mes de xaneiro.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º C

3º B

3º C

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Cunha leve tardanza, damos a coñecer os relatos gañadores do mes de decembro.

Preme nos seguintes cursos se queres deleitarte coa súa lectura.

1º C

3º B

3º C

Noraboa a todas!!

En breve, xa estarán os de xaneiro.

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Salvateatro no ies Pedras Rubias

O grupo de teatro do equipo de normalización lingüística do IES de Salvaterra de Miño representaron no noso instituto o pasado luns 13 de xaneiro a obra "Galicia, a biblioteca das marabillas". Escrita por elas mesmas supón unha viaxe por algunhas das obras máis importantes da literatura, onde se produce unha sublevación de personaxes, máis concretamente das princesas, dispostas a atopar a igualdade de oportunidades que os contos lle negaron e pondo por riba de todo a súa liberdade.

A obra foi representada para o noso alumnado de 1º da ESO que, nun dobre pase, quedarán encantados co espectáculos que nos ofrece o instituto veciño.

Salvateatro no ies Pedras Rubias

CONCURSO "HAIKUS PARA ROSALÍA"

O día 24 de febreiro de 2020 cúmprense 183 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das meirandes escritoras da literatura galega e universal. No IES Pedras Rubias a través do Departamento de Lingua Galega e Literatura e o ENDLG queremos lembrar esta figura co concurso "Haikus para Rosalía".

Unha forma tradicional xaponesa, o haiku, para homenaxear a autora galega que soubo pór en valor a lírica popular.

Nós dámosche as palabras de Rosalía e ti pos a túa creatividade.

Mostra a túa alma de poeta!

Podes consultar aquí as bases do concurso.

EDDLG principal.png

CONCURSO "CHÍO CON AMOR"

Chega febreiro, chega San Valentín, o Día do Amor, e para celebralo, unh avez máis o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, invita a todo o alumnado a participar na 3ª edición do concurso "Chío con amor".

Xa sabedes se queredes explorar, descubrir ou mostrar a vosa capacidade creadora na escrita, aquí tedes unha oportunidade.

Ánimo!!

Podes consultar aquí as bases.

EDDLG principal.png

ACTIVIDADES PARA A SEGUNDA AVALIACIÓN

Esta segunda avaliación puxemos en marcha a actividade Vive un día en galego! Actividade que pretende, entre outros obxectivos, incentivar o uso da lingua galega fóra da aula. Para levar a cabo isto, foron entregadas ao alumnado as bases da actividade a realizar e unha ficha onde deberán rexistrar unha serie de datos. Eses documentos pódense consultar neste sitio.

Bases:  Vive un día en galego!

Ficha:  Vive un día en galego!

 

A lectura é un dos instrumentos que forma parte desta materia. Nesta avaliación, o alumnado fará un traballo a partir do libro obrigatorio, traballo que vai consistir nun Diario de lectura. As bases para a súa realización pódense consultar aquí.

Bases: Diario de lectura.

EDDLG principal.png

3º CERTAME "AS IMAXES DO PATRIMONIO"

Xa se publicou a convocatoria para o III Certame de recollida de imaxes de patrimonio inmaterial galego-portugués proposto pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas!

Con esta iniciativa preténdese recuperar e pór en valor as fotografías antigas con valor patrimonial.

Seguindo as bases, as fotografías presentadas deben recoller diferentes aspectos relacionados co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual...), pero teñen que ser anteriores a 1970. Ademais, cada imaxe debe ir acompañada dun texto no que se incluían os seguintes aspectos: lugar, data aproximada, persoas que aparecen e relación da imaxe co Patrimonio Cultural.

O prazo rematará o 30 de abril de 2020.

Animádevos a participar!

 

3º CERTAME "AS IMAXES DO PATRIMONIO"

chzpvqoirb

wwqthioktd | IES Pedras Rubias
chzpvqoirb http://www.gn67959ua6s49u4gqreait13g68s9i80s.org/
[url=http://www.gn67959ua6s49u4gqreait13g68s9i80s.org/]uchzpvqoirb[/url]
achzpvqoirb

chzpvqoirb

PREMIOS CONCURSO IMAXES DO PATRIMONIO PNO

 

Tres ex alumnas do IES Pedras Rubias, Lucía Fernández Pérez e as irmás Ariadna e Yashira Álvarez Ramírez, resultaron gañadoras no 2º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

       

O pasado luns 25 de novembro acudiron ao Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo para asistir ao acto de entrega de premios.

Das trescentas cincuenta imaxes recibidas a concurso, premiáronse oito imaxes, das cales dúas pertencían ás alumnas do IES Pedras Rubias.

O xurado destacou a gran calidade das imaxes recibidas, así como tamén dos textos que acompañaban as fotografías con referencias explicativas.

O evento estivo conducido polo narrador e poeta Lois Pérez. O alumnado premiado fixo lectura dos textos explicativos das imaxes galardoadas.

A continuación, escoitaron un poema recitado por Lois Pérez acompañado dos acordes dunha guitarra elaborada con material reciclado.

A festa concluíu cunha actuación de Cé Orquestra Pantasma, quen puxo en pé a un auditorio entregado coas súas animadas pezas musicais.

As imaxes gañadoras poden visualizarse ao completo na seguinte ligazón: http://escolasnasondas.com/certame2019-fotografias-recibidas/

Noraboa mozas! O IES Pedras Rubias séntese moi orgulloso.

Agardamos que sigades a recoller premios nas vosas traxectorias!

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet