CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Xa na recta final destas vacacións de Nadal, publicamos os relatos gañadores do mes de decembro que, aínda que non foron moitos os participantes, por razóns máis que obvias, sempre contamos coas nosas alumnas incondicionais. Grazas mozas!

Aproveitade estes últimos días e vimos cargádevos de ilusión e de bos desexos para este 2022 que acabamos de comezar. 

Preme nos seguintes curso se queres coñecer as persoas gañadoras e ler os seus relatos:

1º D

2º B

3º C

Parabéns a todas e a seguir participando!!

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Charla sobre o Paleolítico 1ºESO

O luns 20 de decembro o alumnado de 1ºESO asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre o Paleolítico na contorna de Salceda de Caselas, impartida pola arqueóloga e investigadora Rosa Villar Quinteiro e o tamén arqueólogo e veciño caseleiro Xosé Manuel Suárez. Apoiándose en materiais líticos e óseos orixinais e réplicas, os ponentes explicaron ao alumnado conceptos básicos do proceso evolutivo da hominización, así como interesantes aspectos relacionados cos modos de vida deses primeiros homínidos. A charla celebrouse aproveitando a recente descuberta de restos líticos paleolíticos - posiblemente vinculados aos grupos humanos nómades do xacemento das Gándaras de Budiño - nun noiro próximo ás obras da senda peonil na chamada "Recta de Parderrubias".

 

Desde o Departamento de Xeografía e Historia e en nome de todo o instituto gustaríanos agradecer a Rosa e Xosé Manuel polo seu labor, así como agradecer o dinamismo e interese da súa charla. Iniciativas deste estilo son fundamentais para que a rapazada coñeza algo máis da Historia da súa realidade máis próxima e cotiá.

AULA GAÑADORA DO CONCURSO DO MAGOSTO TERRORÍFICO

E logo de moito deliberar, o xurado xa comunicou a aula gañadora por ser a mellor que respectou as bases da convocatoria e que mellor organizou a actividade atendendo aos 3 aspectos seguintes: calacús, vídeos de Samaín e procesión da Santa Compaña ao Muíño Pantel.

 

Nos seguintes enlaces podes ver algúns dos vídeos presentados:

1º B

2º B: , e

3º B

Agora só falta fixar o día para gozar do marabilloso premio: xogos populares desde as 11.30 da mañá e chocolatada!!

EDDLG principal.png

lbfzkjttt

hzlpwdkm | IES Pedras Rubias
albfzkjttt
[url=http://www.g91vx41170fcyuaxs2gv16l6991bd5y3s.org/]ulbfzkjttt[/url]
lbfzkjttt http://www.g91vx41170fcyuaxs2gv16l6991bd5y3s.org/

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Educación pola Orde do 28 de outubro de 2021 regula a distribución de máscaras entre o alumnado.

Podes consultar a convocatoría AQUÍ.

Podes ver un resumo da convocatoría no ADXUNTO desta publicación.

Formularios para a súa solicitude (ANEXOS)

MAGOSTO TERRORÍFICO

 

Como en anos anteriores, fusionáronse as dúas festas tradicionais e próximas no tempo: o magosto e o samaín.

Desde o luns 8 de novembro toda a comunidade educativa se involucrou coa actividade e, por un lado, o profesorado e persoal non docente trouxo e picou castañas, aportou leña... e, polo outro, o alumnado tamén trouxo castañas, fixo cucuruchos, foi traendo calacús e enviando os vídeos. 

                        

O xoves 11, día de san Martiño, desde as once da mañá, o alumnado, organizado por niveis, foi rotando por catro postos :

 

No campo de terra desfrutaron do magosto.

          

 

Na pista exterior dianteira competiron por aulas nos xogos terrorífico:

Carreira de momias.

Carreira de mortos.

Meiga chosca.

Cadeira do diaño.

Enterro do morto.

                

As aulas gañadoras resultaron ser as seguintes: 1º D, 2º C, 3º B e 4º B.

No souto tiveron tempo de recreo.

No muíño Pantel (fóra do centro) entraron en contacto coa Santa Compaña que os fixo padecer de medo. No exterior a meiga do muíño fixo os seus conxuros para “cortar o airo”, “para curar o mal de ollo” e “para invocar o amor” entre a rapazada. No interior, dous mortos nos seus respectivos ataúdes reviviron para converterse nos peores pesadelos do alumnado.

                            

            

 

 

 

EDDLG principal.png

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o xoves 28 de outubro durante o recreo alumnado de 3º de ESO leu durante o programa especial de radio poemas e fragmentos narrativos de Florencio Delgado Gurriarán, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

As lecturas escollidas foron as que seguen:

 

  •  O poema de Florencio Delgado Gurriarán titulado “As xeiras do Castiro” (Iván Martínez 3º B).
  •  O poema “Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados” do libro Lonxe de Lorenzo Varela(María Bernárdez 3º C).
  •  Do poemario Cicatrices de Luís Seoane, o poema “As ratas” (Paula Acosta 3º B).
  •  Un fragmento de Era tempo de apandar de Ramón Valenzuela (Noa Pérez 3º B).
  •  Un fragmento do ensaio Sempre en Galiza de Castelao (Javier Rodríguez 3º B).

 

                        

Agradecémoslles a axuda técnica recibida ao profe Rubén e a Giulio de 3º A, sen os cales non sería posible facer esta actividade.

Agardamos que fose do voso agrado e gozásedes tanto coma nós. Ata a próxima!!

Podedes volver velo neste enlace.

 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO

Un curso máis o departamento de Lingua Galega e Literatura puxo en marcha e deulle continuidade ao concurso de relato curto.

Nesta ocasión os relatos do mes de outubro debían comezar pola resposta que Florencio Delgado Gurriarán, autor das Letras Galegas 2022, deu nunha entrevista que lle fixeran non ano 1978: “Os motivos da miña saída son ben claros: os meus patentes sentimentos galeguistas e republicanos, tan cruelmente perseguidos”.

Se queres concultar as bases completas, podes facelo premendo en cartel.

Se o que desexas é coñecer os relatos gañadores do mes de outubro, preme en cada un dos cursos seguintes:

2º B

3º B

3º C

Moitas grazas a todos e todas as que participastes e noraboa aos gañadores/as.

A seguir a participar!!

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet