2019/20

Correccións 2ºESO (do 13 ao 17 de abril)

A continuación podedes consultar as solucións do traballo entre o 13  e o 17 de abril  dalgunhas materias. Podedes consultalos en arquivos adxuntos. Calquera problema coas correccións ou coas materias das que non aparecen os solucionarios porse en contacto cos profes. Tedes as direccións no seguinte enlace: correos do profesorado.

Correccións 1ºESO (do 13 ao 17 de abril)

A continuación podedes consultar as solucións do traballo entre o 13  e o 17 de abril  dalgunhas materias. Podedes consultalos en arquivos adxuntos. Calquera problema coas correccións ou coas materias das que non aparecen os solucionarios porse en contacto cos profes. Tedes as direccións no seguinte enlace: correos do profesorado.

Comunicación Inicio 3ª avaliación

Estimadas familias:

Arrancamos o terceiro e último trimestre deste curso tan extraordinario e tan particular. Desexamos que tod@s sigades ben e que a saúde, o ánimo e o bo talante siga gobernando as vosas vidas.

Empezamos a actividade lectiva con pouca información esperando a finais desta semana recibir instruccións para abordar este fin de curso tan especial. Mentras tanto seguiremos achegando, na web do centro,  actividades de reforzo e ampliación de contidos vistos anteriormente e cando chegue o momento xa vos informaremos de como se avaliará e doutras cuestións que a tod@s nos inquedan.

Facémonos cargo do complicado que resultan as tarefas académicas na casa para parte do alumnado, tanto por falta de medios axeitados como por falta de motivación,  e se ben insistimos na importancia de que todos os días fagan algo, tamén insistimos en que o traballo académico non debe orixinarvos tensións familiares nin estreses persoais. Neste sentido é moi importante que nos fagades chegar as vosas dificultades para intentar solucionalas, tanto de recursos  dixitais como doutras situacións que vos poidan estar complicando este período xa de por sí duro.

Queremos felicitarvos por como estades levando esta situación, o pobo de Salceda está destacando pola súa solidariedade, pola súa responsabilidade, polo respecto ao próximo e todo isto sen perder o espírito festivo que vos caracteriza como demostrades neses concertos de balcón. Parabéns!

E sobre todo queremos felicitar aos vosos fill@s, ao noso alumnado, aos nosos adolescentes que se ven privados neste momento de apertura ao mundo da súa liberdade, que perderon as súas excursións, que se ven privados das risas e das confidencias cos seus amig@s nun momento no que son o centro das súas vidas. Por todo isto sede pacientes con eles e con elas, escoitádeos, compartide momentos, cociñade xuntos, xogade, vede pelis,. .. o que vos apeteza, pero xuntos. E dous apectos máis: que fagan exercicio e que colaboren nas tarefas da casa, son cousa de tod@s!

Saúdos e saúde para todas e para todos!!

TRABALLO DO 14 AO 17 DE ABRIL

Pulsa sobre o curso correspondente para descargar o material de traballo.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Calquera dúbida que teñades sobre o material podedes aclarala enviando un correo electrónico directamente ao profesorado.

CONSULTA AQUÍ OS CORREOS ELECTRÓNICOS DO PROFESORADO.

No seguinte enlace podes consultar as correccións  dalgunhas materias do traballo do 30 de marzo ao 3 de abril. PREME AQUÍ

Material 4º ESO (do 14 ao 17 de abril)

Para poder descargar os arquivos en .pdf debedes pulsar na parte inferior dereita desta entrada (non da páxina) onde pon:  “adxuntos” 

e aí accederedes a todos os documentos.

Fixádevos ben xa que cando hai varios profesores que imparten unha mesma materia nas distintas clases os arquivos ademais do curso levan a letra (A,B,C,D) correspondente. Nos outros casos é un arquivo común para todos e xa non precisa máis indicacións.

Material 3º ESO (do 14 ao 17 de abril)

Material 2º ESO (do 14 ao 17 de abril)

Material 1º ESO (do 14 ao 17 de abril)

Correccións do material do 30 de marzo ao 3 de abril

A continuación podedes consultar as solucións do traballo do 30 de marzo ao 3 de abril dalgunhas materias. Podedes consultalos en arquivos adxuntos. Calquera problema coas correccións ou coas materias das que non aparecen os solucionarios porse en contacto cos profes. Tedes as direccións no seguinte enlace: correos do profesorado.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Sorteo do 15 de abril

 O SORTEO DAS RIFAS

DA EXCURSIÓN DE ANDORRA

PREVISTO PARA O 15 DE ABRIL,

QUEDA POSPOSTO ATÉ NOVA DATA.

Powered by Drupal - Design by artinet