CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Metidos no mes de marzo e a voltas co Día da Muller, publicamos os relatos gañadores do mes de febreiro.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º D

2º B

3º B

3º C

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Día de Rosalía

O mércores 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro cunha exposición na Biblioteca e un programa radiofónico especial onde presentamos o disco "Amada Rosalía" de Xoán Eiriz, onde se rinde homenaxe a nosa poetisa universal a partir de textos do poeta Suso Díaz. Durante o noso programa en directo, dende Onda Raia, tivemos tanto a Xoán como a Suso en conexión telefónica.

PROGRAMA "AMADA ROSALÍA" AUDIO             PROGRAMA "AMADA ROSALÍA" VÍDEO       EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

 

ENTROIDO 2022

Por razóns sanitarias, de novo cancélase o tradicional desfile de Entroido polas rúas de Salceda de Caselas que tanto gusta a toda a comunidade educativa.

Porén, a alegría vai estar presente grazas aos mandados da Meca.

Estade atentos para saber que tedes que traer cada día!

EDDLG principal.png

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro cómprense 185 anos do  nacemento de Rosalía de Castro, un dos piares imprescindibles no Rexurdimento poético da nosa lingua e para celebralo  faremos unha homenaxe a través dun Concurso Artístico de Creación Propia.

 

Para a elaboración destas creacións partiremos de textos que teñen como temática común a emigración, deste xeito uniremos a Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, e a Rosalía de castro.

TIPOS DE CREACIÓNS:

· Haikus, catro composicións.

· Un cómic, máximo 3 folios a unha cara.

· Relato, máximo unha cara dun folio.

· Peza de teatro breve, dous folios a unha cara.

· Debuxo, un folio ou unha lámina.

· Un colaxe, un folio.

· Calquera traballo manual que estea relacionada co tema elixido.

PRAZO: ata o mércores 23 de febreiro.

PREMIOS: a entrega de premios será o venres 4 de marzo durante o recreo, na biblioteca.

· Primeiro premio, á mellor creación artística.

· Segundo  premio, á mellor creación artística.

· Terceiro premio, á mellor creación artística.

EDDLG principal.png

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Como cursos anteriores, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou un concurso de mensaxes de amor titulado Chíos con amor.

Velaquí os gañadores e gañadora.

 

EDDLG principal.png

Día da Radio 2022

ESCOITA OS PROGRAMAS

Cantores do Caselas     AUDIO     VÍDEO

  Lendas do Miño           AUDIO      VÍDEO

         Radio  Emigrante         AUDIO      VÍDEO     

Dedícater a dedicar                 VÍDEO

Xoga con nós                          VÍDEO

 

Centros colaboradores

IES Pedra da Auga (Ponteareas)  AUDIO 

IES Salvaterra de Miño             AUDIO

IES Val do Tea                          AUDIO

 

 

Participación na Olimpiada Matemática

 

O pasado 24 de xaneiro o noso alumno Guillermo Álvarez de 3º da ESO viaxou a Santiago de Compostela para participar na fase autonómica da LVIII Olimpiada Matemática Española.

Trátase dunha competición pensada para o alumnado de Bacharelato na que os participantes teñen que resolver varios problemas matemáticos nun tempo total de 4 horas.

Agardamos que esta sexa so a primeira de moitas participacións. Parabéns, Guille!

11 de febreiro: Día da Muller e a Nena na ciencia

 

11-F

No ano 2015, a ONU (Organización das Nacións Unidas) declarou o 11 de febreiro como o "Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia", nun intento de promover o papel da muller no eido científico, así como para fomentar a igualdade de xénero en aspectos como as carreiras investigadoras, co obxectivo de acadar unha participación plena e equitativa na ciencia, con independencia do xénero.

 

Desde o IES Pedras Rubias quixémonos sumar un ano máis a esta xusta reivindicación e así, en colaboración coa Biblioteca, realizouse unha pequena exposición de contos e obras literarias relacionadas con mulleres científicas.

Exposición sobre as mulleres na ciencia

Do mesmo modo, algunhas profesoras aproveitaron a efeméride para levar camisolas reivindicativas, que luciron con gran orgullo polos corredoiros do centro...

Profes reivindicativas a prol da igualdade de xénero no IES Pedras Rubias!

 

Proxecto. Por un instituto máis limpo e ecolóxico!

O IES Pedras Rubias súmase á loita en prol do clima!

O pasado luns, 7 de febreiro, os departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais iniciaron unha campaña de recollida de tapóns, acompañada dunha actividade motivadora para o alumnado de 1º ESO, consistente na elaboración con eses mesmos tapóns, de frases, expresións ou símbolos relacionados coa defensa e coidado do Medio Ambiente.

Desde o IES Pedras Rubias queremos concienciar e colaborar na tan necesaria loita contra a degradación medioambiental e a prol dun modelo de desenvolvemento máis humano e sostible, así como agradecer o labor do profesorado e alumnado implicado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet