Escoita Onda_Raia

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radiio, e dendo Ondarraia quixemos participar elaborando un programa especial "O misterio da radio de Sabeliña" no que se homenaxea a radio ao longo do tempo. Este programa será incorporado a unha plataforma de Radios Escolares que dende Ponte nas Ondas inicia o seu camiño nestes días. Disfrutade do programa:

Día Mundial da Radio

Donicelas

Con motivo da presentación do segundo disco do grupo de Salceda de Caselas "As Donicelas" facemos un pequeno recorrido pola súa traxectoria musical e nos trasladamos den directo ao auditorio de Salceda, onde presentaron o seu novo disco, para falar con algunha das súas integrantes e coñecer a opinión do público que asistiu.

Entrega dos Premios Ondas

Hoxe, martes 25 de novembro, no Palau de la Música de Barcelona, a partir das 20h entregas dos Premios Ondas, onde Ponte nas Ondas, proxecto educativo e radiofónico no que participa o noso instituto dende hai moitos anos recollerá o Premio Ondas na categoría de"mellor cobertura informativa". Mañá teremos unha conexión en directo coa profesora Flori, que asistirá á entrega, para que nos conte todos os detalles.

Podedes ver a gala en directo por televisión pola cadena "Divinity" e pola cadena "Ser" a partir das 20h.

Entrega dos Premios Ondas

ONDA RAIA: Programa especial día internacional da MULLER.

Un ano máis commemoramos o día internacional da muller con moitas actividades no centro. E un ano máis queremos homenaxear a todas as mulleres dende os micros de Onda Raia.

Un grupo de alumnas/os de 4º ESO poñen voz para reivindicar a igualdade de xénero en todos os aspectos da nosa sociedade.

Conversan e entrevistan a unha muller que temos moi cerca de nós. Irma, Orientadora do noso centro.

Aí vai!

Especial Entroido

O entroido salcedense en Onda Raia. Un programa "entroidano", onde desenmascaramos o que hai detrás de cada comparsa e carroza. Algúns alumnos/as do IES Pedras Rubias nolo contan a ritmo de carnaval.

Unha data máxica para Salceda, unha actividade lúdica, divertida e na que non queda ninguén que non disfrute cada minuto desta festa na que os libros deixan de ser os protagonistas.

 

Programa Onda raia- especial AID

Un grupo de alumnos/as de 1º ESO fan un especial de Rap, elixindo neste caso a unha rapeira que estivo no noso instituto hai pouco. Aid, artista e compositora de hip-hop. Presentan o seu último disco, RAPOEMAS, poesía galega a ritmo de rap. Tradición e modernidade con forza, frescura e actualidade.

Programa presentación Onda Raia curso 12-13

Os alumnos/as de 1º ESO preséntannos a nova programación do curso 2012-2013 de Onda Raia.

Entrevista a Celso Fdez Sanmartín en Onda Raia

Entrevista a Celso Fdez Sanmartín. Un home que conta, e que ben conta! Tivémolo aquí no instituto facendo unha sesión de contos para os de 2º ESO.  Unha viaxe preciosa polos contos da nosa terra. Un home con talento, un home que dá gusto escoitar! Grazas, Celso, polo teu ben contar!

Unha parodia sobre a selectividade!

Este programa é unha parodia sobre a selectividade, esa proba que moitos alumnos/as teñen que realizar para acceder á universidade. Hugo, Brais, Pablo...encárganse de ironizarsobre este tema tan serio facéndose pasar por reporteiros e por estudantes de selectividade.

Entrevista a García Mc

Serxio García , cantante do grupo "Dios ke te Crew", estivo no noso instituto realizando un obradoiro de hip-hop para os de 4º ESO.

Pasou polos micrófonos de Onda Raia para darnos amosarnos  ritmos do  hip-hop, en galego!

Grazas García Mc. Un pracer!

Powered by Drupal - Design by artinet