2015/16

Tamén len... en febreiro con Tino

O pasado xoves 11 de febreiro visitounos o trombonista Tino Núñez. Exalumno de Altamira, actualmente é un prestixioso músico que elexiu ara este Tamén Len, elixiu un libro editado por Baia Edicións en 2011: "Obras breves de imaxinación" Premios de Relatos "Mulleres Progresistas". 2007-2011, do que destacou o relato "O sono do peneque" de Pilar Ortega Pereiro, cunha lectura a viva voz do máis expresiva.  Interesoulle compartir un texto comprometido co papel da muller na nosa sociedade, coa importancia que ten respectarnos uns aos outros...

Máis información

Tamén len... en febreiro con Tino

Tamén len... en xaneiro con David Amor

Comezamos 2016 de cine, como soe dicirse, porque tivemos a visita do actor de comedia DAVID AMOR, que é de aquí, mesmiño da Picoña, pero con vida en Pontevedra, e que, neste momento, traballa en Madrid na exitosa serie de TV "GYM Tony", aínda que foi quen de confesar que lle gusta vir a Galicia, onde ten a súa xente e onde cre que hai máis calidade de vida que no balbordo dunha gran capital.

Para compartir a lectura elixiu un dos seus libros favoritos: "Polaroid" de Suso de Toro, que leu dun xeito magnífico, dramatizando o contido de varios relatos, meténdose no papel, atraendo o público e facéndonos pasar un momento moi agradable, ademais de servirnos de bo exemplo de como ler en alto...

Tamén len... en xaneiro con David Amor

Recital de Poesía adolescente

O día 4 de novembro celebramos o Recital de Poesía Adolescente, cos poemas publicados pola Fundación Rosalía de Castro, presentados por diferentes centros de Secundaria ao Certame de Poesía Escolar 2015. É de destacar a presenza de 3 alumnas e 1 alumno do IES Ribeira do Louro de O Porriño, que viñeron a recitar connosco: elas leron os seus propios versos e os Siareiros da  Palabra as poesías premiadas e publicadas que seleccionamos para a ocasión.

Máis información

Recital de Poesía adolescente

Charla sobre os riscos de internet

O 10 de novembro, dentro da campaña que todos os anos promóvese dende o instituto para concienciar ao alumnado dos riscos de internet, os rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO tiveron unha charla impartida por especialistas da brigada de delictos telemáticos da Policía Nacional.

Agora deixámosvos un vídeo que está triunfando nas redes, feito por universitarios uruguayos, concienciando da problemática da difusión de vídeos polas redes.

Máis información no Huffintong Post

Mártires de Sobredo

Todos os anos temos un compromiso coa historia local, coa nosa memoria, cuns feitos que exemplifican o movemento agrarista de principios do século XX e, en concreto, os feitos do 28 de novembro de 1922 en Sobredo, onde varios campesiños e unha campesiña embarazada perderon a vida loitando pola Redención dos foros, en definitiva, por mellorar e deixar de pagar as cargas que tiñan cos donos das terras que traballaban e poder facerse con elas.

Máis información

Mártires de Sobredo

dvcdvjnmn

Tamén len... en novembro con Uxía | IES Pedras Rubias
[url=http://www.g12u079br066364dp3h1wk0ub98nsqeys.org/]udvcdvjnmn[/url]
dvcdvjnmn http://www.g12u079br066364dp3h1wk0ub98nsqeys.org/
advcdvjnmn

dvcdvjnmn

Entroido 2016

CLASIFICACIÓN:

1º posto: compartido por  PAVOS REAIS        79 ptos

                                 e  ESTRELLA GALIZA  79 ptos

 

   -GUERREROS SALCEDENSES: 72 ptos

   -FRIKILANDIS:                    71 ptos

   -EMOTICONOS:                   58 ptos

   -HOLI RUN:                        51 ptos

   -BOXEADORES:                   50 ptos

   -POLIS E CACOS:                49 ptos

 

 

 

 

Prevención de drogas e alcol

O pasado xoves 17 de decembro o alumnado de 2º da ESO recibiu unha charla sobre a prevención de drogas e alcol, impartida por especialistas da comandacia da Garda Civil de Porriño.

Prevención de drogas e alcol

X Subida Solidaria ao Penedo Redondo

O pasado venres 18 de xaneiro tivo lugar a décima Subida Solidaria ao Penedo Redondo, neste caso colaborando con Banco de Alimentos do Concello de Salceda.

                                                      

Magosto terrorífico

O venres 6 de novembro tivo lugar un "magosto terrorífico" no IES Pedras Rubias. Onde tras realizar un recorrido polos montes de arredor por parte da "Santa Compaña" tivo lugar o concurso de magostos por aulas, onde cada grupo debía realizar un pequeno magosto tratando de convencer ao xurado que as súas castañas eran as millor asadas.

Os gañadores foron os alumnos/as de 1ºD.

Mención especial para o curso de 3ºB polo seu gran traballo.

Magosto terrorífico

Powered by Drupal - Design by artinet