2014/15

MULLERES DE HOXE MULLERES DE SEMPRE MARZO 2015

 

Neste marzo 2015,  o departamento de orientación  rotulou  estas  Charlas baixo o título “Mulleres de Hoxe Mulleres de Sempre” tendo como protagonistas “as tamancas” e “os zapatos”, representan parte da historia das  súas protagonistas: Sandra Prieto e Emilia Felicidad. Ambas son exemplo vivo de afouteza e optimismo. A continuación relatamos un breve resumo das súas charlas no IES Pedras Rubias.

Recibimos o pasado 2 de marzo a Sandra Prieto, licenciada en Psicoloxía Industrial , actualmente traballa como freelance na empresa “Valores”, colabora tamén con diversas universidades galegas e empresas de consultoría. Sandra ,impartiu a charla “ Ti decides que zapatos poñer. Kit de calzado para a túa viaxe” . Alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nesta  dinámica charla sobre motivación e resiliencia. Este último concepto refírese a capacidade para superar dificultades ao longo da nosa vida. Sandra transmitiu ilusión e optimismo ao falar da importancia da capacidade de decisión e de decidir axeitadamente. Coa metáfora “ti decides que zapatos poñer”, relatounos experiencias profesionais e personais para reflexionar  sobre que entedemos por éxito e  por fracasos, así como proporcionar habilidades e ferramentas para abordar  “os tropezos que poidamos atopar polo camiño”. Sandra transmitiu un énfoque positivo cara abordar dificultades, transformandoos en posibilidades e oportunidades de aprendizaxe.

O pasado 17 de marzo tivemos o honor de recibir e  escoitar a Emilia Felicidad, a muller máis lonxeba de Salceda. Acompañada pola súa filla Consuelo, neta Beatriz e bisneta Paloma .

Impartiron a Charla baixo o título “Do Século XX ao XXI: matriarca de tres xeracións. Emilia Felicicidad, relatou aspectos relevantes da súa vida ao longo dun século e poidemos coñecer a través das súas verbas e experiencias os cambios sociais dos séculos XX e XXI. Emilia Felicidad, deunos unha lección de  historia , de vida  e de optimismo. A traxectoria profesional de Emilia Felicidad non se limitou ao eido familiar, senon que desenvolveu distintas actividades profesionais, foi parteira, traballadora no campo e emprendedora xunto co seu home abrindo a “Tenda 59”, actualmente o “Bar 59” en Soutelo. . A súa filla Consuelo e neta Beatriz destacaron  dela a súa afouteza e optimismo, e a súa bisneta Paloma que “non pense na morte e sexa unha muller positiva”. Catro xeracións de mulleres que representan tamén os cambios profesionais e as posibilidades formativas das mulleres.

Estas actividades foron acompañadas de entrevistas polo equipo de Onda Raia do IES Pedras Rubias.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/salceda-de-caselas/2015/03/17/leccion-vida-ies-pedras-rubias/0003_2015031426592708081374.htm

 

Calendario probas de acceso a ciclos 2015

Consulte aquí o calendario das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio e Ciclos de Grao Superior, convocatoria 2015.

Tamén Len...en febreiro con Pablo

Como Pablo estaba no seu día libre, comezamos poñendo a mesa e servíndolle como alimento o libro de Manolo Rivas, Que me queres amor?que el mesmo pediu entre o "menú", e de bebida 
-auga, claro!-
DEspois da clara e acertada lecturas de Pablo, os "camareiros e camareiras" dispuxéronse a servir viandas variadas e apetecibles para todxs nós, nesta hora do recreo.

ANDORRA 2015

SEMANA BRANCA – ANDORRA 2015

 

§  DATAS: Do 21 ao 28 de marzo. Saída do IES o 21 de marzo sobre as 23 horas e chegada o 28 de marzo ao IES sobre as 11 da mañá.

 

§  PREZO:  425 € .

 

§  QUE INCLUE A VIAXE?

§  5 noites de hotel en mp

§  Aluguer de material

§  5 comidas en pistas

§  Seguro de accidentes

§  5 forfaits de esqui

§  Transporte

§  10 horas de cursillo

§  Entrada para os baños termais de caldea.

 

§  QUE NON INCLÚE A VIAXE?

o   Almorzo e comida do viaxe de ida

o   Cea e almorzo da viaxe de volta

 

§  ALOXAMENTO:

o   HOTEL: Eurotel

 

§  APORTACIÓNS ECONÓMICAS:

o   Entrega do 1º talonario de rifas: data tope o mércores 4 de marzo

o   Entrega 2º talonario de rifas: data tope o mércores 11 de marzo

o   Entrega final (pago total da excursión): data tope luns 16 de marzo

o   Os alumnos que cheguen á cantidade de 475 € se lles devolverán os 50€ iniciais a semana do 16 ao 19 de marzo.

 

§  OUTRAS INFORMACIÓNS:

o   O sorteo das rifas celebrarase o xoves 19 no salón de actos do instituto ás 12:00 horas.

o   Haberá unha última reunión que será avisada con antelación polos rapaces ou na web.

 

§  MATERIAL QUE SE VAI NECESITAR

ü Roupa de abrigo

ü Anorak

ü Material de aseo (champú, xel, peine, cepillo de dentes e pasta...)

ü Muda diaria de roupa interior

ü Medias para esquiar (que sexan altas para evitar o roce cosa botas)

ü Gafas de sol

ü Guantes de esquí.

ü Crema protectora para o sol.

ü Pantalón impermeable.

ü Unha mochila para o ultimo dia

PARA CALDEA (BAÑOS TERMAIS)

         bañador ou bikini

         toalla para secarse

         mochila coa roupa que vamos a levar na viaxe de volta

         non se levan chanclas

 


AUTORIZACIÓN PARA VIAXE AO ESTRANXEIRO DE MENORES (pdf cumprimentable)

É necesario cumprimentar este impreso e presentalo, a nai ou pai, na Comandancia da Garda Civil de Torneiros (O Porriño) acompañando o Libro de Familia e o DNI do proxenitor que comparece.

 

Entroido 2015

CLASIFICACIÓN DE COMPARSAS ESCOLARES 2015

1º RÍAS BAIXAS....73 ptos

2º SZ TOUR.........55 ptos

3º PICAPEDRAS...53 ptos

    DISNEY..........53 ptos

5º DEBUXOS ANIMADOS..49 ptos

6º ASTÉRIX E OBELIX...48 ptos

Entroido 2015

cihccyplg

Tamén len... en xaneiro con Marcos | IES Pedras Rubias
[url=http://www.g85eo77te161wn0c8m186b641bc4npycs.org/]ucihccyplg[/url]
acihccyplg
cihccyplg http://www.g85eo77te161wn0c8m186b641bc4npycs.org/

cihccyplg

Tamén len... en decembro con Marga

No mes de decembro estivo no Tamén Len Marga Soto, dona da Libraría Lemos de aquí, de Salceda.

 

Sabendo que estamos a traballar as Ciencias na Biblioteca, quixo ler un capítulo do libro "A evolución de Calpurnia Tate". Nel fala da relación que a protagonista ten co seu avó, e como, dende o respecto mútuo, comparten o amor polo descubrimento dos fenómenos naturais; el coa experiencia e a paixón que non diminúe coa idade, e ela coa curiosidade e a ansia xoven de saber e con todo por descubrir...

Tamén len... en decembro con Marga

Tamén len... en novembro con Miriam

Este venres 21 no Tamén Len, contamos coa presenza dunha antiga alumna: Miriam Fernández Moreira, que foi presentada por dúas alumnas de 3º, Alba e Josefina, que o curso pasado coincidiron con ela na excursión á neve, onde os acompañou como persoa de apoio; xa que ela fixo a carreira de Educación Física, quere ser profesora e, como non, é unha gran amante dos deportes. A experiencia de traballar con xóvenes gustoulle moito e sentiuse moi ben entre eles/as. Do cal damos fe, pois é evidente que ten madeira de ensinante, demostrou ser unha boa comunicadora, ademais de disfrutar entre nós compartindo esta actividade de lectura.
Primeiro leu en inglés -e que ben soaba!- un fragmento do libro máis lido, máis traducido e máis vendido do mundo, do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry (1900-1944) "The Little Prince" , publicado en inglés en 1943 por unha editorial estadounidense, namentres que en Francia non se puido editar ata 1946 por mor da II Guerra Mundial. 
Hai que dicir que o seu autor foi aviador e  tivo numerosas experiencias accidentadas no deserto do Sahara; e alí é a onde nos levou Miriam coa elección da segunda lectura: "Hijas de la arena. Cartas desde los campamentos saharauis", escrita por Ana Tortajada en 2002, quen estivo en Tinduf, no deserto alxeriano, onde están os acampamentos de saharauis e decidiu relatar a vida deste pobo e da súa maneira de enfrontarse á precariedade, denunciando a actitude da comunidade internacional ante un conflito que leva anos en espera de resolución.

Tamén len... en novembro con Miriam

Powered by Drupal - Design by artinet