CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Comezamos o mes de maio a voltas xa coas Letras Galegas, dedicadas este ano a Luísa Villalta. Publicamos os relatos gañadores de abril que, nesta ocasión, veñen con novidades, xa que temos un novo vencedor en 1º B.

Se queredes lelos, só tes que premer nos cursos:

1º B

4º A

Noraboa e a seguir participando, que só queda este mes!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

No mes de marzo volveron participar as alumnas incondicionais do noso concurso, isto é Irene Iglesias de 1º B e Lucía Fernández de 4º A.

Se os queredes ler, podedes facelo premendo en:

1º B

4º A

Noraboa e agardamos que o mes de abril veña máis cargadiño de relatos!

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Metidos no mes de marzo e a voltas co Día da Muller, publicamos os relatos gañadores do mes de febreiro.

Se queredes lelos, só tes que premer nos cursos:

1º B

4º A

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Números premiados no sorteo do 13 de marzo de 2024

1º premio (Play Station): 5.722

2º premio (televisión): 17.613

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O día 23 de febreiro cumpríronse 187 anos do nacemento de Rosalía de Castro.

Para celebralo, no IES Pedras Rubias o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou un Concurso Artístico de Creación Propia. Para a elaboración destas creacións partiuse da inspiración da natureza, igual que inspirara a Rosalía nalgunhas das súas composicións.

Dúas foron as modalidades de creación: haikus (para 1º de ESO) ou composición poética acompañada dunha planta silvestre (para os restantes cursos), en ambos casos relacionado coa figura de Rosalía de Castro e a natureza.

Houbo de prazo ata o xoves 29 de febreiro.

Para máis información podedes consultar as bases completas.

Outorgáronse 3 premios por cada modalidade. Velaquí o alumnado premiado.

                       

             

 

Parabéns a todas e grazas pola vosa participación.

 

EDDLG principal.png

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Un ano máis o departamento de Lingua Galega e Literatura convocou o concurso de mensaxes de amor e amizade Chío con amor.

E como non podía ser doutro xeito, tivo unha grande acollida.

No seguinte enlace pódense consultar as bases.

Resultaron gañadoras as seguintes alumnas:   

            

 

EDDLG principal.png

ENTROIDO 2024

 

Este curso houbo que adiar unha semana o desfile de Entroido polas rúas de Salceda por razóns meteorolóxicas. Pero durante toda a semana do 5 ao 9 de febreiro a alegría estivo presente grazas aos mandados da Meca, que foi indicando o que se debía traer cada día.

 

A aula gañadora resultou a de 4º ESO B.

  

       

 

O premio consistirá nunha xornada de xogos populares no patio do instituto acompañada dunha chocolatada na cafetería.

E chegado o ansiado 17 de febreiro, tivo lugar o día grande do Entroido e desfilamos pola vila xunto ao resto de centros educativos de Salceda de Caselas.

 

Posteriormente desfrutamos das actuacións das 18 comparsas participantes. Todas elas recibiron de premio de participación unha chocolatada na cafetería do instituto. Outorgáronse dous premios: o 2º acadouno Construción P. R., integrada polo alumnado de 2º de Bacharelato, e o 1º foi para Res-acón, composta por alumnado de 4º de ESO maioritariamente.

 

 

 

O profesorado non quixo desaproveitar a ocasión e encheron as rúas de Salceda de superheroes e superheroínas.

  

 

 

EDDLG principal.png

Día Mundial da Radio: 13 de febreiro.

Deixámosvos aquí a participación do IES Pedras Rubias na Celebración do Día Mundial  da Radio para Ponte nas Ondas, que xira arredor do Entroido.

Modelo de camisetas á venda para as excursións

Estes son os modelos de camisetas que pode vender o alumnado do instituto participante nalgunha das excursión organizadas este curso.

IMPORTANTE: O DEBUXO VAI NA PARTE DE ATRÁS DAS CAMISETAS.

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Ás portas do Entroido, de san Valentín, do Día Mundial da Radio, do día de Rosalía… e co novo ano iniciado, publicamos os relatos gañadores do mes de xaneiro.

1º B

4º A

Parabéns para as gañadoras e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de febreiro ata o 24, que este ano é bisesto. Esperámosvos!

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Powered by Drupal - Design by artinet