1º premio (Play Station): 5.722
2º premio (televisión): 17.613
1º premio (Play Station): 5.722
2º premio (televisión): 17.613
TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO tal e como se establece na Orde de 21 de outubro de 2022, pode consultarse no taboleiro da Secretaría do centro ou na aplicacion admisiónalumnado
Pode accederse ao anexo premendo no seguinte enlace: Anexo II
Deixámosvos aquí a participación do IES Pedras Rubias na Celebración do Día Mundial da Radio para Ponte nas Ondas, que xira arredor do Entroido.
Estes son os modelos de camisetas que pode vender o alumnado do instituto participante nalgunha das excursión organizadas este curso.
IMPORTANTE: O DEBUXO VAI NA PARTE DE ATRÁS DAS CAMISETAS.
FRANCIA
XA ESTÁ PUBLICADO NO TABOLEIRO PRÓXIMO A CONSELLERÍA A BAREMACIÓN FINAL DAS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NESTA CONVOCATORIA
Para alumnado de 1º de Bacharelato que cursa a materia de “Francés”
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: até o martes 28 de novembro, incluído
As solicitudes presentaranse na Secretaría do IES Pedras Rubias
Posteriormente haberá un selección dos centros que participarán no programa entre todas as solicitudes presentadas polos centros públicos de ensino galegos.
a) Características do programa.
O alumnado que reúna os requisitos correspondentes participará neste programa de intercambio lingüístico en réxime de reciprocidade coa rexión do Grand Este de Francia durante un período de catro semanas durante este curso 2023/24. Alí acudirá as clases ao centro de ensino asignado e será acollido pola familia dun alumno/a francés. Así mesmo o alumnado participante acollerá no seu domicilio e no seu centro de ensino ao alumnado francés durante outras catro semanas. A cada centro que sexa escollido asignaráselle un máximo de seis prazas.
b) Público ao que vai dirixido.
REQUISITOS:
-Estar matriculado en 1º de bacharelato.
-Cursar “Francés” neste curso.
-Ter superadas todas as materias de 4º da ESO.
-Ter unha nota media mínima de 7 no expediente da ESO.
-Ter unha nota mínima de 7 na materia de Francés en 4º da ESO.
-Ter cursado Francés alomenos durante catro cursos ou ter un nivel B1 en lingua francesa.
-Ademais deberase contar con DNI/NIE ou pasaporte; tarxeta sanitaria de cobertura europea (TSE) ou un seguro de cobertura para o período do intercambio; autorización familiar conforme o Anexo I; aceptar os acordos e compromisos conforme o Anexo IV; e aceptar as bases da presente convocatoria.
c) Procedemento e criterios de selección.
Deberán presentarse as solicitudes do alumnado interesado na secretaría do IES Pedras Rubias até o martes 27 de novembro, incluído, presentando a documentación que se indica no punto seguinte.
Haberá unha comisión que valorará as solicitudes recibidas e clasificaraas por orde de puntuación seguindo os criterios establecidos no Anexo II.
Publicaranse posteriormente e as seis solicitudes de maior puntuación serán incorporadas a solicitude de Participación no Programa EduMob que fará o IES Pedras Rubias para poder optar a participar finalmente neste programa.
d) DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBERÁ PRESENTAR.
Cada alumno/a deberá presentar unha única solicitude que inclúa a seguinte documentación debidamente cuberta:
a) Anexo I. Solicitude de participación.
b) Anexo II. Baremo, achegando a documentación acreditativa dos méritos alegados que non consten na secretaría do centro.
c) Anexo III. Declaración de datos de saúde.
d) Anexo IV. Condicións de participación e obrigas.
Podes acceder aos diferentes Anexos premendo sobre cada un deles.
A convocatoria completa neste ENLACE.
Todo aquel alumnado da ESO de 2º, 4º e o alumnado de 1º de Bacharelato que xa autorizástedes a vosa participación na venta de productos de Nadal deberíades recibir TODA A INFORMACIÓN SOBRE A VENTA destes productos vía guasap nos teléfonos que indicástedes.
Calquera dúbida ou problema pódevos en contacto coa ANPA no seguinte correo: anpapedrasrubias@gmail.com
Datas dos pedidos:
O día 23 de febreiro cumpríronse 187 anos do nacemento de Rosalía de Castro.
Para celebralo, no IES Pedras Rubias o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou un Concurso Artístico de Creación Propia. Para a elaboración destas creacións partiuse da inspiración da natureza, igual que inspirara a Rosalía nalgunhas das súas composicións.
Dúas foron as modalidades de creación: haikus (para 1º de ESO) ou composición poética acompañada dunha planta silvestre (para os restantes cursos), en ambos casos relacionado coa figura de Rosalía de Castro e a natureza.
Houbo de prazo ata o xoves 29 de febreiro.
Para máis información podedes consultar as bases completas.
Outorgáronse 3 premios por cada modalidade. Velaquí o alumnado premiado.
Parabéns a todas e grazas pola vosa participación.
Un ano máis o departamento de Lingua Galega e Literatura convocou o concurso de mensaxes de amor e amizade Chío con amor.
E como non podía ser doutro xeito, tivo unha grande acollida.
No seguinte enlace pódense consultar as bases.
Resultaron gañadoras as seguintes alumnas:
Este curso houbo que adiar unha semana o desfile de Entroido polas rúas de Salceda por razóns meteorolóxicas. Pero durante toda a semana do 5 ao 9 de febreiro a alegría estivo presente grazas aos mandados da Meca, que foi indicando o que se debía traer cada día.
A aula gañadora resultou a de 4º ESO B.
O premio consistirá nunha xornada de xogos populares no patio do instituto acompañada dunha chocolatada na cafetería.
E chegado o ansiado 17 de febreiro, tivo lugar o día grande do Entroido e desfilamos pola vila xunto ao resto de centros educativos de Salceda de Caselas.
Posteriormente desfrutamos das actuacións das 18 comparsas participantes. Todas elas recibiron de premio de participación unha chocolatada na cafetería do instituto. Outorgáronse dous premios: o 2º acadouno Construción P. R., integrada polo alumnado de 2º de Bacharelato, e o 1º foi para Res-acón, composta por alumnado de 4º de ESO maioritariamente.
O profesorado non quixo desaproveitar a ocasión e encheron as rúas de Salceda de superheroes e superheroínas.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |