Club_Matemático_14_15. Referencia_a_Actividades.

 

Como temos por costume, durante o curso 2014-2015, xuntámonos para poñer en marcha o Club Matemático Durán Loriga do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

O primeiro dos obxectivos foi levar a cabo as actividades que xa son tradicionais: Editar MATHESIS, o noso boletín de divulgación matemática, preparar a nosa participación no Día da Ciencia na Rúa e na Feira Matemática, celebrar a Semana Matemática no instituto...

Unha importante parte do noso traballo destinouse á creación dos materiais que nos permitiron desenvolver a Semana Áurea a finais de marzo. Algunhas das ligazóns que inserimos a continuación están relacionados con esta actividade que, loxicamente, trata do número áureo.

 

Semana Áurea           XVI Semana Matemática 

 

Nas actividades da Semana Áurea participou todo o alumnado do centro, ao que se lle entregou unha guía para facilitarlle a realización das tarefas propostas.

 Carteis con información áurea

Mathesis 81

Un dos materiais que máis sorprendeu foi a reprodución que fixemos en chapa de madeira do Modulor de Le Corbusier. A construción deste módulo foi posible grazas á inestimable colaboración do Departamento de Tecnoloxía.

 

Modulor no Instituto

Modulor no Instituto

     

Modulor no Parque

Modulor en Santa Margarida

     

Modulor en PALEXCO

Modulor en PALEXCO

 

 Durante este curso distribuímonos para abarcar oito liñas diferentes de traballo. Imos facer unha pequena mención a dúas delas, as que denominamos Tetraexos e Cubo Soma.

O módulo Tetraexos é consecuencia da investigación que realizamos sobre poliexos (a fonte principal foi o capítulo 10 de Festival Mágico-Matemático de Martin Gardner). Deseñamos taboleiros, construímos as pezas en material EVA e, sobre todo, fomos quen de dar coas solucións.

TETRAEXOS

Mathesis 78

Tetraexos       Cubo Soma
     
Acio   Pato

 

 Eliximos unha colección de figuras construíbles coas pezas do Cubo Soma e buscamos posibles solucións. No Taller de Matemáticas contamos cun número abundante de cubosomas de madeira que construímos en cursos pasados. Mesmo dispoñemos dun modelo coas pezas de diferentes colores para poder fotografar as solucións.

CUBO SOMA

 Os seguintes enlaces apuntan á galería do IES Otero Pedrayo, onde podes ver algunhas fotos relacionadas co noso traballo deste curso 2014-2015.

TRABALLANDO NO TALLER

XX DÍA DA CIENCIA NA RÚA

IX FEIRA MATEMÁTICA