Escolarización en Bacharelato

Informamos que o IES Ramón Otero Pedrayo está adscrito o IES Monelos  aos efectos da escolarización do alumnado en bacharelato.

Deste xeito, o alumnado do IES Ramón Otero Pedrayo, que está a cursar actualmente 4º da ESO e, que queira continuar os seus estudos no IES Monelos en 1º de BACHARELATO, poderá reservar praza segundo o previsto no procedemento de admisión.

Ademais a área de influencia dos centros adscritos ao IES Ramón Otero Pedrayo, CEIP Ramón de la Sagra e CEIP María Pita; pasa a ser tamén área de influencia para o alumnado que soliciten escolarización en bacharelato no IES Monelos. En consecuencia a todos os alumnos desta área de influencia asignaráselles a máxima puntuación neste apartado.