Club_Matemático_10_11. Referencia a actividades.

Imos facer referencia aquí a algún dos traballos que realizamos na Aula-Taller de Matemáticas co obxectivo de preparar as actividades que desenvolvemos no XVI Día da Ciencia na Rúa, na V Feira Matemática e na XII Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo.

Podes ver algunhas fotos utilizando os seguintes enlaces:

Fotos na Aula-Taller

Fotos no Parque de Santa Margarida

Fotos en PALEXCO

Unha das liñas de traballo xirou arredor de Juan Jacobo Durán Loriga e con ese pretexto realizamos unha colección de caricaturas que tamén utilizamos para confeccionar unha serie de marcapáxinas e varios quebracabezas formados por cubos.

Foto na V Feira Matemática

O artigo, do Grupo Alquerque de Sevilla, MacMahon y las matemáticas en colores (Revista SUMA, nº 63 páxinas 51-57) serviunos como punto de arranque para realizar a montaxe dunha colección de actividades a partir dos materiais que nós construímos e doutros adquiridos á empresa Materiales Didácticos Bemal (Ver materiais adquiridos).

A seguinte imaxe tamén actúa como enlace para acceder ao contido dos números 48 e 49 de Mathesis nos que facemos alusión ás actividades realizadas:

Cartel Matemáticas de Colores

A continuación proporcionámosche unhas poucas ligazóns que teñen a intención de ser unha selección de referencias aos traballos que realizamos ao longo do curso 2010-2011. Os cubos que aparecen a continuación construíronse utilizando un desenvolvemento de cartolina plastificado, xunto cun cubo de porexpan:

Cubos de Seis Colores

 

Cadrados Tres Colores

 

Cubos Tres Colores

 

Triángulos Catro Colors

Reconstruímos puzles cúbicos utilizando cubos de madeira de 3x3 cm (podes observar algúns nesta imaxe correspondente ás actividades desenvolvidas na Duodécima Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo):

Duodécima semana matemática