IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Bolsas CANADÁ 2023-24, Concello da CoruñaPrograma no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá (equivalente a 1º de Bacharelato). Ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Os requisitos que teñen que cumplir as persoas interesadas son os seguintes: - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude. - Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso escolar 2022-23 nun centro da cidade da Coruña. - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22. - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22. O prazo de inscrición vai do 9 ao 20 de xaneiro de 2023. O programa oferta 35 prazas. Máis información (enlace) |
Eventos
|