RESERVA DE PRAZA, cambio dun centro a outro a que se estea adscrito - Curso 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes de cara a solicitar praza no centro adscrito ao que desexa que a súa filla ou fillo acuda o curso vindeiro 2022-2023 será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de rexerva de xeito manual cubrindo a seguinte solicitude:

SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA - ED550A 

SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA - ED550A (modelo actualizado para o alumnado que vaia a cursar a nova modalidade xeral de 1ºBAC)

Ou a través do seguinte enlace á aplicación online da Consellería de Educación de AdmisiónAlumnado (premendo no menú da mesma en Solicitudes > Reserva > Crear). 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica" desde  a aplicación AdmisiónAlumnado, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. 

(Ver manual para as familias solicitude reserva)

 A publicación das listaxes de prazas asignadas mediante reserva de praza (ou se é necesario presentar solicitude de admisión no caso de non haber prazas suficientes) farase no taboleiro de anuncios dos centros de orixe e de destino o 25 de febreiro.

alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión (nin solicitude de reserva).

>> Mais información en portal educativo.