Campamento de verán 2019

campamentos verán 2019

A concellaría de Participación e Innovación Democrática, a través do servizo municipal de Mocidade, organiza campamentos de verán para mozas e mozos de 12 a 17 anos, na Coruña.

Ata o día 22 de maio ​pódese solicitar praza nos campamentos e ver a información completa no seguinte enlace web: acceso información campamentos

O sorteo realizarase o 28 de maio e o día 30 procederase a adxudicación de prazas.

  • Periodo de solicitude de praza: do 15 ao 22 de maio de 2019
  • Persoas destinatarias: mozas e mozos de 12 a 17 anos
  • Modalidade de campamento: urbano multideportivo, horario de 9.00 a 14.00 h
  • Custe: Gratuito
  • Prazas ofertadas: 45 por turno (90 prazas en total).
  • Periodo de realización: xullo 2019. Turno 1 do 1 ao 12 de xullo; Turno 2 do 15 ao 26 de xullo.

Habilitarase un servizo de transporte para facilitar o desprazamento á sede do campamento