Plans de Traballo para a superación da materia pendente - curso 2021/2022

 

PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES

- Educación Física -

 SETEMBRO

Entrega da actividadese tarefas que debe ir facendo ata finais de novembro.

DECEMBRO

Entrega da actividades e tarefas que debe ir facendo ata finais de febreiro.

Semanalmente, os alumnos/as poderán utilizar un dos períodos non lectivos para realizar consultas co profesor/a do departamento que tiveron como profesor da materia pendente para resolver calquera dúbida ó respecto do traballo que se lle asignou.

ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

 Avaliación positiva do plan de traballo

NOVEMBRO / FEBREIRO :

Recollida das actividades e tarefas realizadas polos alumnos/as valoración das mesmas de xeito global cunha nota numérica de cero a dez sen decimais.

Realización dunha proba presencial en relación ás actividades e tarefas realizadas polos alumnos. Esta proba poderá constar dunha parte obxectiva tipo test sobre os coñecementos teóricos máis unha ou dúas baterías de tests ou probas de execución práctica. Valoración da mesma de xeito global cunha nota numérica de cero a dez sen decimais.

Valoración global: 40% da nota das tarefas realizadas previamente + 60% da nota media das probas presenciais.

Sendo a valoración global igual ou maior a cinco, considéranse superados todos aqueles mínimos relacionados coas actividades e tarefas realizados en cada parcial.

-

Martes 23 de novembro ás 18:00h /

Martes 15 de febreiro ás 18:00h 

Aqueles alumnos/as que tivesen unha cualificación igual ou superior a cinco tralas actividades de avaliación de novembro e febreiro terán superada a materia. No caso de ter unha das partes cualificadas positivamente, esta poderá ser validada de cara as probas finais de maio e setembro.

 Avaliación positiva nas probas finais no mes de maio e de xuño para pendentes

En maio e xuño todos aqueles alumnos/as que non teñan superada a materia. Tendo en conta a limitación temporal destes exames, os alumnos/as serán avaliados a través dunha proba teórica tipo test máis tres de carácter práctico similares ás solicitadas nos parciais, sendo a media resultante das catro a nota da avaliación. Considerase superada a materia tras alcanzar unha nota global igual ou superior a cinco.

-

Datas para maio:

Martes10 de maio ás 18:00h

Xuño ( segundo plan individualizado)  

   

PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES

- Promoción de Estilos de Vida Saudables -

SETEMBRO

Entrega da actividadese tarefas que debe ir facendo ata finais de novembro.

DECEMBRO

Entrega da actividades e tarefas que debe ir facendo ata finais de febreiro.

Semanalmente, os alumnos/as poderán utilizar un dos períodos non lectivos para realizar consultas co profesor/a do departamento que tiveron como profesor da materia pendente para resolver calquera dúbida ó respecto do traballo que se lle asignou. 

ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

  Avaliación positiva do plan de traballo

NOVEMBRO / FEBREIRO

Recollida das actividades e tarefas realizadas polos alumnos/as valoración das mesmas de xeito global cunha nota numérica de cero a dez sen decimais.

Realización dunha proba presencial en relación ás actividades e tarefas realizadas polos alumnos. Valoración da mesma de xeito global cunha nota numérica de cero a dez se decimais.

Valoración global: 70% da nota das tarefas realizadas previamente + 30% da proba presencial.

Sendo a valoración global igual ou maior a cinco, considéranse superados todos aqueles mínimos relacionados coas actividades e tarefas realizados en cada parcial.

-

Martes 23 de novembro ás 18:00h /

Martes 15 de febreiro ás 18:00h

Aqueles alumnos/as que tivesen unha cualificación igual ou superior a cinco tralas actividades de avaliación de novembro e febreiro terán superada a materia. No caso de ter unha das partes cualificadas positivamente, esta poderá ser validada de cara as probas finais de maio e xuño.

  Avaliación positiva nas probas finais no mes de maio e de setembro para pendentes

En maio e xuño todos aqueles alumnos/as que non teñan superada a materia. Serán avaliados a través dunha proba teórica (30%) máis a entrega dos traballosnon realizados (70%), sendo a media resultante das dúas a nota da avaliación. Considerase superada a materia tras alcanzar unha nota global igual ou superior a cinco.

-

Datas para maio:

Martes10 de maio ás 18:00h

 

Xuño ( segundo plan individualizado) 

 

 

AdxuntoTamaño
Actividades e tarefas EF pendente de 1º.pdf95.39 KB
Actividades e tarefas PEVS pendente.pdf94.22 KB