Club_Matemático_15_16. Referencua_a_Actividades

 

Outra vez, durante o curso 2015/16, un grupo de alumnas e alumnos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña andaramos enrolados nas actividades do Club Matemático Durán Loriga.

Os obxectivos mínimos que pretendíamos foron os que xa están comezando a marcar tradición: Continuar coa edición de MATHESIS, e desenvolver actividades para preparar a nosa participación no XXI Día da Ciencia na Rúa, na X Feira Matemática e organizar a 17 Semana Matemática no instituto.

A tarefa, á que lle dedicamos neste curso máis tempo e máis esforzos, foi a montaxe da exposición 25 Matemáticos Xeniais, froito das investigacións de vinte e cinco estudantes de todos os noveis da ESO. A imaxe seguinte contén un enlace a un PDF no que se mostran a maior parte dos carteis creados.

 

25 Matemáticos Xeniais                Participantes

 

 Os materiais cos que traballamos, moitos deles construídos no noso Taller de Matemáticas, agrupámolos en seis módulos: álxebra (visualizacións xeométricas de identidades alxébricas), barallas (española e de tipo didáctico), dominós (tradicional e de tipo didáctico), Mathesis, poliedros, quebracabezas diversos no plano e no espazo.

 

Álxebra      Barallas      Dominós
         
 Poliedros    Mathesis    Quebracabezas

 

Como xa dixemos, con todos estes materiais, organizamos a 17 Semana Matemática do IES Otero Pedrayo ao comezo do mes de xuño.

 

 17 Semana Matemática

 

PREME AQUÍ PARA VER ALGUNHAS FOTOS