Articles

EDLG - Sub Categories

Intercambio lingüístico co CPI Alcalde Xosé Pichel de Corristanco

O ENDLG do IES R. Otero Pedrayo da Coruña organizou este curso un intercambio lingüístico co CPI Alcalde Xosé Pichel de Corristanco por ser un Centro de ensino de Galicia con alumnado galego_falante. Acordamos coas coordinadoras do outro Centro comezar por unha correspondencia postal entre o alumnado para que fosen formando parellas e se fosen coñecendo. Esta correspondencia só ten como condición o feito de ser escrita en galego e ser respectuosos en todo momento cos correspondentes.Ademais, tamén manterán o contacto entre si a través de distintas Redes Sociais tales como Tuenti, Twitter, WhatsApp, etc.

Esta actividade está pensada para o alumnado representante do ENDLG do Centro e mais para aqueles/as que sexan premiados nas actividades e concursos que o Equipo de Normalización organice ao longo do curso, e levarase a cabo durante o 2º e o 3º trimestre. As vistas e encontros posteriores realizaranse con aqueles/as que cumpran os requisitos pautados.

Acordamos que a 1ª visita a realizara o alumnado de Coristanco a finais do 2º trimestere, unha vez realizados os exames das avaliacións para interromper o menos posible a actividade académica do Centro. Esta visita realizouse o mércores, 20 de marzo, despois de cartearse unhas seis veces caca un. Ese día, o ENDLG do noso Centro recibiunos no salón de actos, fixo as presentacións entre as parellas de ambos centros e púxolles un powert-point dos lugares máis representativos da cidade dos cales visitamos varios da Cidade Vella: Museo arqueolóxico do Castelo de San Antón, xardín de San Carlos, con lectura de poemas de Rosalía de Castro xunto á tumba de Sr. John Moore, a Colexiata ou igrexa de Santa María, a praza da Fariña, a igrexa de Santiago xunto á Casa-Museo Emilia pardo Bazán e RAG, praza de Maráia Pita, etc, e o noso alumnado fixo de guía turístico para os seus convidados. Logo regresamos ao noso IES para xantar todos/as xuntos e pola tarde realizamos a visita que tiñamos concertada á Domus onde rematou esta marabillosa xornada de convivencia.

A partir de agora seguiremos coa correspondencia postal e coa comunicación bidireccional a través das Redes Sociais ata o remate do 3º trimestre, momento no que nos toca a nós devolverlles a visita.

Estudo sociolingüístico

Aquí atoparedes o último estudo sociolingüístico que se realizou neste IES ao alumnado, profesorado, etc e as súas conclusións

Fotos das actividades

sala capitular ou das palmeiras-Oseira   sala capitular ou das palmeiras-Oseira

Nos seguintes adxuntos poderedes atopar fotos dalgunhas actividades do ENDLG coma as da Violencia de Xénero, do Roteiro Oteriano, etc

Dinamización da lingua galega

Estes son os nomes dos membros que compoñen

o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega

do I.E.S. Ramón Otero Pedrayo

no curso 2023-24.

 

Os representantes do profesorado son:

Susana Ferreira Varela, Ana Vidal Roca, Félix Longueira Fafián, Ánxeles Minguillón e Rosalía Ferreiro García (Coordinadora).

 

A representante do Persoal non docente é:

Obdulia Rivera Díaz.

 

Dentro do Alumnado

contamos cuns representantes de cada grupo que actúan coma voceiros/as das actividades a realizar e das suxestións dos compañeiros/as.

Nestes momentos contamos con dez alumnos e alumnas.