Lecturas de interese

.

Lecturas 4º ESO


Lecturas 3º ESO

 

  • Leonel. Antón Cortizas. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.

 

Miguel suspendeu un carrado de materias en xuño e os pais "depórtano" á aldea dos seus avós a pasar o verán a fin de que a falta de distraccións o obrigue a estudar. El resígnase a morrer de aburrimento durante esses dous meses. Pero entre o o seu avó, a figura incorpórea de Leonel e a simpática Ana farán que todas as súas expectativas se vexan trastocadas.Leonel ten amor, misterio, aventura... En fin, un pouco de todo.

  • Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas

 

"Eu son...  Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre".

Así comeza Memorias dun neno labrego e a través das súas páxinas o protagonista vainos contando como é a súa vida. Pero non só a súa, senón a centos de miles de nenos galegos anteriores a nós, que foron medrando e convertíndose nos nosos avós. Por iso é moi interesante coñecer esa forma de vida, tan cercana e, ó mesmo tempo tan allea a nós: unha vida pragada de privacións e carencias, de necesidades e de soños, de ilusións e desesperanzas. Unha vida que Balbino está empeñado en mellorar. Memorias dun neno labrego é unha novela que todas e todos deberiamos ler algunha vez, porque nos ha de gustar, e porque nos ha de axudar a non esquecer o que fomos para poder entender o que somos.

  • Anxos en tempo de chuvia. M. A. Vázquez Freire. Ed. Xerais. Colección Fóra de Xogo.

 

Unha noite de sábado. Un accidente de tráfico. Varios rapaces, e unha rapaza, Anxos,morren. Responsable, estudosa, servicial, non é, segundo seu irmán, o tipo de  persoa que xoga coa súa vida meténdose nun coche con persoas borrachas ou drogadas. Por iso, Moncho non cre o que di o informe policial acerca da influenza do alcohol e as drogas no accidentel. E comeza a súa propia investigación, que lle permite descubrir aspectos da vida de súa irmá que non era quen de sospeitar.

  • O príncipe da Brétema. Carlos Ruíz Zafón. Ed. Rodeira

 

Un xardín abandonado. Estatuas que cobran vida nas tebras. Barcos afundidos nos que se suceden feitos inexplicables... E o príncipe da brétema manexando os fíos dende unha dimensión descoñecida.

  • Chamábase Luís. Marina Mayoral. Ed. Xerais. Colección Fóra de Xogo.

 

Chamábase Luís e tiña trinta anos cando morreu, vitima da droga. As persoas máis próximas a el vannos tranwsmitindo a imaxe que lles quedou do irmán, o fillo, o veciño, o compañeiro, o pai..., a imaxe desa persoa que desfixo ós que o querían a forza de destruírse a si mesmo.

Lecturas 2º ESO

 

  • Mecanoscrito da segunda orixe. Manuel de Pedrolo.

Tras un ataque extraterrestre, Alba e Dídac considéranse -e case con razón- os únicos superviventes do planeta. Vilas arrasadas, edificios derruídos, máquinas inutilizadas, alimentos botados a perder... Ademais da destrución material e da falta de recursos, teñen que facer fronte á desaparición do xénero humano, incluídos os seus seres queridos.

 O máis urxente é buscar o xeito de sobrevivir e para iso teñen que empregar moito esforzo e grandes doses de inxenio e intelixencia. A continuación deberán pensar nalgún modo de que a Humanidade non se extinga con eles.

Lecturas 1º ESO

 

  • Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz

Xabier acaba de mercar unha casa que segundo din, está enmeigada, pero a el iso parécenlle contos de vellas.

Cando algúns aparellos electrónicos se poñen a funcionar sen que el teña nada que ver, cando as imaxes dalgúns cadros cambian de posición, cando empeza a oír voces que non recoñece como de ninguén de carne e óso..., entón comeza a preocuparse e a enviarlle cartas ó seu amigo Adrián para compartir con el os seus receos. Pero Adrián está de viaxe e non recibirá as cartas ata que tal vez xa sexa demasiado tarde para atopar unha explicación ó misterio.

  • O cazador de trolls

 

 Rocamonde, o mellor e máis sanguinario cazador do reino, ten como obxectivo matar un troll, tanto para cobrar a recompensa que lle pagará o rei como para ser recordado por sempre. Ninguén pode sospeitar o sufrimento que a súa maldade é capaz de causar... ata que lemos o libro.

  •   O enigma de Embívicus. Xosé Antonio Perozo. 

No mesmo centro da vila de Embívicus aparece un burato enorme´ó que ninguén lle atopa explicación. Moi sesudos e asesados intelectuais danlles voltas ós miolos para intentar entender o que pasou.
Mentres tanto, Cali é o branco das bromas dos seus amigos ó namorarse de Susana. E todos -Cali, Susana, os amigos- vense envoltos no enigma do burato sen comelo nin bebelo.

 

  • As bruxas. Roald Dahl

Powered by Drupal - Design by artinet