Novas

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

En virtude da ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2016/17 informámoslles:

-FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO: Publicada a listaxe provisional, poden presentar as posibles reclamacións ata o luns 18 de xullo. A publicación da listaxe definitiva será o 15 de setembro, data na que tamén se realizará a asignación de libros de texto para 3º da ESO.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO

-AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: O alumnado de 3º que superou todas as materias en xuño, xa pode recoller o VALE DE LIBROS DE TEXTO para 4º da ESO na secretaría do centro, no caso de ter dereito a el.

 

-AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR: O alumnado que superou todas as materias en xuño, xa pode recoller o VALE DE MATERIAL ESCOLAR na secretaría do centro, no caso de ter dereito a el.

Reunións

Asamblea ANPA

Data:  Martes 20 de outubro ás 18:00 horas.

Lugar: Biblioteca do IES Mestre Landín

__________________

Reunión Familias

Data:  Martes 20 de outubro ás 19:00 horas.

Lugar: Biblioteca e aulas do IES Mestre Landín

 

    

IV Feira de libros usados. 2015

Xa podedes comezar a traer os vosos libros para a IV Feira de Libros Usados. Cantos máis traiades, máis vales obteredes para canxealos o sábado 27 de xuño.

 

Eleccións ao Consello Escolar

Quen pode participar?

Como podo participar?

Como se organizan as eleccións?

Quen forma parte do Consello?

Calendario electoral

...

INFÓRMATE AQUÍ

 

Xuntanza informativa para as familias

   

O vindeiro xoves 25 realizarase unha xuntanza informativa para as familias do alumnado do centro:
    - Familias do alumnado de 3 ESO e 4 ESO: 18:00
    - Familias do alumnado de. 1 ESO e 2 ESO: 18:30.
Agardamos a vosa asistencia.

 

Foto: O vindeiro xoves 25 realizarase unha xuntanza informativa para as familias do alumnado do centro:<br />
- Familias do alumnado de 3 ESO e 4 ESO: 18:00<br />
- Familias do alumnado de. 1 ESO e 2 ESO: 18:30.<br />
Agardamos a vosa asistencia

II Feira de Libros Usados

 

Acceso ao TRIPTICO EXPLICATIVO 

     O vindeiro 30 de xuño vaise celebrar a II Feira de Libros Usados. O obxectivo desta é proporcionar aos membros da comunidade educativa - alumnado, profesorado, familias, persoal non docente - a oportunidade de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos.

 un libro ten máis vidas das que cres

Grazas ao intercambio de libros de texto inténtase poñer freo ao gran consumo deste tipo de libros que se produce ano tras ano. Trátase de amortecer o desembolso económico que supón, fomentando ademais un ensino gratuíto e, por suposto, a reciclaxe.


PROGRAMA

11:00 PREGÓN DE PRESENTACIÓN E INICIO DA II EDICIÓN DA FEIRA DE LIBROS USADOS.

11:30 CONTACONTOS A CARGO DO GRUPO TARABELOS.

13:00 CONTACONTOS A CARGO DO GRUPO POLO CORREO DO VENTO.

14:00 REMATE DA FEIRA

 

 

.

Programa de intercambio de libros de texto

O intercambio de libros de texto é unha práctica moi desexable dende moitos puntos de vista. Aínda que o máis evidente é, sen dúbida, o de aforro económico nun tempo de crise económica tan intensa, tampouco hai que desdeñar o seu sentido ambiental (polo importante aforro en papel) e a concepción deste material como algo valioso, que paga a pena respectar, conservar e transmitir. 

A organización a nivel do centro do intercambio, ten a vantaxe de que os libros das distintas materias son, na súa inmensa maioría, os mesmos que o curso anterior, co cal se garante un maior aproveitamento na iniciativa. 

O espírito do intercambio susténtase na reciprocidade e na xenerosidade. Na reciprocidade, porque os libros doados xeran dereito de adquisición, e na xenerosidade, porque non sempre coincidirán as doazóns coas adquisicións, e porque hai grupos, como cuarto de ESO, que non obterán nada material a cambio da súa doazón, e outros, como sexto de Primaria que poden recibir material sen nada a cambio. Aínda que se a iniciativa prospera, a dinámica do paso dos cursos acabará igualando estas circunstancias.

Como toda iniciativa que se pon en marcha, a presente está tamén sometida a eventuais erros, malas previsións ou erros no seu deseño, polo que xa por adiantado nos gustaría contar coa comprensión e axuda de todos os implicados no proxecto. 

   

  Máis información:   

           Tríptico do Programa de intercambio

           Formulario de entrega e solicitude de libros

Simulacro de evacuación

Simulacro de evacuación. 12-11-2012

 

Tal como establece a lexislación vixente, o luns 12 de novembro, realizouse un simulacro de evacuación do centro. En dito simulacro, que forma parte do Plan de Autoprotección do IES Mestre Landín, participaron as seguintes institucións e corpos: Bombeiros do Morrazo, Protección Civil e Emerxencias (112).

O simulacro realizouse nunha situación de máxima ocupación do edificio, durante a súa actividade docente, así como coa disposición normal do mobiliario, pero sen que o alumnado soubese previamente a hora do exercicio.

Os resultados axudarán a detectar carencias e a definir as medidas correctivas correspondentes, a efectos de evacuación. Por outra banda, tamén se pretende mecanizar a conduta dos usuarios do centro ante unha emerxencia, co que se acada minimizar a posibilidade de que xurdan situacións de pánico e se optimice o tempo de evacuación.


Distribuir contido