Novidades COVID-19

Comezamos unha nova etapa na que será precisa a colaboración de toda a comunidade educativa para afrontar con serenidade os diferentes escenarios que nos depare a situación sanitaria que estamos a vivir. Tomando como referente as Instrucións do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o curso 2020-2021 para os centros de ensino non universitario, publicado pola Xunta de Galicia e a súa actualización do día 31 de agosto, establecemos as medidas oportunas que pasamos a indicarvos. 

  • Medidas organizativas.

Durante o presente curso 2020/21 levaranse a cabo una serie de medidas organizativas que pretenden evitar as aglomeracións nos momentos de entrada e saída do centro.

  1. Regulación das entradas.

O alumnado accederá ao recinto do centro e permanecerá nas zonas exteriores mantendo a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. 

A entrada do alumnado ao edificio comezará ás 8.30 horas. Durante o percorrido ata a súa aúla deberá respetar a distancia de seguridade de 1,5 metros e deberá realizar a hixiene das mans nalgún dos postos de xel hidroalcoholico que se atopará durante o seu percorrido, ou en último caso no posto de xel hidroalcóholico que se atopará dentro da aula.

Cada grupo terá asignada unha porta e un percorrido para o seu acceso á aula.

  1. Regulación de saídas.

Cinco minutos antes da finalización da última hora lectiva, o alumnado sairá da aula polo corredor correspondente a cada grupo, seguindo a sinalización do chan e respetando a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros, abandonando o edificio pola porta correspondente da súa clase.

  1. Regulación de recreos.

Tanto a comezo como a finalización dos recreos o alumnado procederá a hixiene de mans (nos postos habilitados para tal fin) e manterá a distancia de seguridade en todo o momento (tanto na saída das aula como no retorno a mesma). Durante os recreos non se poderá utilizar para xogar mesas de ping pong, canchas de baloncesto e pistas de fútbol para a realizacion da actividades deportivas.

Nos se poderá beber directamente da billa da fonte do patio (nin de ninguna billa dos aseos, poderán traer una botella)

  • Medidas de protección individual.

  • O alumnado accederá á súa aula con máscara e o seu uso será obrigatorio con independencia do mantemento da distancia interpersoal. Deberán levar unha segunda máscara de recambio e un estoxo para gardala.

  • Cada alumno deberá aportar o seu propio set individual de limpeza: máscara de reposto gardada nun estoxo e panos desbotables e se é posible contar tamén cun xel hidroalcohólico.

  • En tódalas instalacións do centro debe manterse una distancia de seguridade mínima de 1,5 metros. 

  • Durante a xornada lectiva deberá realizarse una correcta hixiene de mans polo menos 5 veces (o centro dotará a cada aula, así como os espazos comúns de dispensadores de xel hidroalcohólico).  Nos aseos disporase de xabón e panos desbotables.

  • Nas aulas disporase dunha papeleira con tapa para refugar os residuos de forma segura.

  • As aulas dispoñeran de material de limpeza e desinfección.

 

  • Medidas de protección colectivas

  • Os acompañantes do alumnado non poderán acceder ao centro, agás en circunstancias excepcionais ou con autorización da dirección.

  • As reunión coas familias serán preferentemente telemáticas, e no caso de ser presenciais realizaranse coas seguintes medidas: emprego de máscaras, hixiene de mans, respeto da distancia interpersoal.

  • Principios sanitarios básicos.

  • O centro conta cun equipo COVID formado polo director do centro e dous membros do claustro e será de referencia para os distintos membros da comunidade educativa.

  • Ao inicio do curso as familias deberán entregar unha declaración responsable na que se comprometerá a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación clínica do COVID e comprometerse a non enviar ao alumno/a ao centro nos supostos que alí se indican. 

  • Toda a comunidade educativa ten a obrigatoriedade de comunicar a sintomatoloxía compatible coa COVID – 19 ao equipo COVID coa maior brevidade vía telefónica a través do 886151315 ou a través do correo electrónico iesmestrelandin@edu.xunta.gal

  • Tanto persoal do centro como alumnado deberán realizar unha autoavaliación de síntomas compatibles coa COVID – 19 nas últimas dúas semanas antes de asistir ao centro (a detección temperá é imprescindible para evitar o contaxio polo que rógase ser riguroso no control de síntomas): febre superior a 37,5, síntomas respiratorios, tose seca e dificultade respiratoria e outros síntomas como: fatiga severa, dor muscular, falta de olfato, falta de gusto, diarrea). No caso de detectarse na casa de algún destes síntomas, o alumnado non acudirá ao centro e a familia contactará de forma inmediata co seu centro de saúde.

  • Se se detectan síntomas compatibles coa infección durante a estancia no centro, contactarase coa familia, que deberá presentarse no centro o máis axiña posible. A familia deberá solicitar consulta telefónica co seu pediatra ou facultativo.

  • Se alguna persoa do núcleo familiar do alumno/a ten algún dos síntomas citados anteriormente non poderá acudir ao centro. A familia debe comunicar a incidencia ao centro. As faltas de asistencia derivadas das medidas COVID consideraranse xustificadas coa confirmación das familias a través do ABALAR MÓBIL.

  • Medidas de hixiene e limpeza.

O centro dispón dun protocolo de limpeza e desinfección:

Habrá dous turnos de limpeza, en cada un deles realizaranse as seguintes tarefas:

  • Ventilación das aulas á saída do alumnado. 

  • Limpeza/desinfección dos baños tres veces ao longo da xornada lectiva. 

  • Limpeza dos pasamáns, pomos das portas, mesas, mobles, teléfonos, perchas e outros elementos.

  • Limpeza dos espazos empregados e que non teñan máis carga horaria no día.

  • Restantes tarefas ordinarias.

 

Nos próximos días publicarase o protocolo completo na páxina web do centro e comunicarase a través de ABALAR.

 

Aula de grupo