Fondo solidario e material escolar

 

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

 

O luns día 21 de maio publicouse no DOG a Orde de 09 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar  destinados a educación primaria, secundaria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

 

Prazo:

 

§  Dende o 22 de maio ata o 22 de xuño.

 

§  Hai excepcións a esta data. (traslados, tutelas …etc)

 

Solicitude:

 

§  Será no modelo oficial  ED330B.

 

§  Unha única solicitude para libros e material escolar.

 

§  Será única para todos os fillos si están matriculados no mesmo centro docente para o curso 2018/19.

 

Presentación:

 

-        No centro onde este admitido o alumno.

 

-        En caso de non estar admitido, deberá presentalo no centro no que está escolarizado

 

-        Se dispoñen de Chave365 ou certificado dixital poden cubrir o formulario da solicitude a través do menú Cidadán nos seguintes links, así como a lexislación completa sobre esta axuda.

 

 

 

https://casaut.edu.xunta.es/cas/login?service=https%3A%2F%2Fwww.edu.xunta.es%2Ffondolibros%2Fj_acegi_cas_security_check

 

 

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B