Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2021-2022

CONCURSO TIK TOK - 25N

 

Despois dunha looonga deliberación, por fin podemos anunciar o TIK TOK gañador do concurso #25N #zalaetaqueremeben
Trátase da produción: "Párao!" , realizado por Sara R., Yara R., Tomás V. e Martín R. Moitos parabéns!

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

 

O IES Ramón Menéndez Pidal organiza unha recollida solidaria de alimentos a favor do @balrial Banco de Alimentos Rías Altas.
▶️Que podes traer? Alimentos non perecedoiros: legumes, arroz, azucre, sal, pasta, conservas, leite...
▶️Onde? No hall do instituto durante os recreos dos días 14, 15, 16 e 17 de decembro.
▶️Recibirás un boleto simbólico a cambio. O 20 de decembro coñeceremos a persoa gañadora do sorteo.
Grazas pola vosa colaboración

VISITA A PORTOMUIÑOS E GALOPÍN

Queremos amosar o noso agradecemento ás empresas Galopín e Portomuiños por abrirnos as súas portas e permitir ao alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e Transporte e Loxística coñecer de primeira man a súa experiencia empresarial e o seu proceso de internacionalización. Sen dúbida, dúas empresas exemplo de espírito emprendedor, capacidade de adaptación e innovación nos seus respectivos sectores que inciden ademais na importancia das gañas, a actitude e os equipos de persoas como chave para a expansión e internacionalización empresarial.

TEATRO - Querella de Lope y las mujeres

 

O venres 3 decembro o alumnado de 1.° de bacharelato tivo ocasión de asistir á representación teatral "Querella de Lope y las mujeres" no Fórum, unha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.

ECONOMÍA CIRCULAR - FUNDACIÓN PAIDEIA

 

O alumnado de 1° curso do ciclo medio de Actividades Comerciais tivo a oportunidade de participar nun obradoiro sobre Impresión 3D e Reciclaxe de plástico como formas de promover a economía circular, organizado pola Fundación Paideia.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer