Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2021-2022

PREMIOS #ZALACANCELO

 

Despois das votacións realizadas o venres 12 a través de Instagram Stories, xa temos cancelos gañadores para este curso 2021/2022.
 
CATEGORÍA ESO:
#ZalaetándoNOS (presentado por Amaia C. L. de 1.° ESO A)
 
CATEGORÍA BAC + FP:
#ZalaetaSomosNÓS
(presentado por Ori O.M. de 2.° CM Comercialización de Produtos Alimentarios e por Xoana B. L., de 1.° CM de Actividades Comerciais).
ℹPremio especial para Olaia C. S. de 1.° ESO B , que presentou este mesmo cancelo na súa categoría.
 

PUBLICACIÓN SOLICITUDES FCT

Publicada no taboleiro do instituto a relación provisional de persoas solicitades de axudas para a FCT.

Prazo de reclamacións: 16 de novembro ao 26 de novembro.

 

Publicación da listaxe definitiva: 27 de novembro.

ACTIVIDADES CO CEE MARIA MARIÑO

Queremos amosar o noso agradecemento ao alumnado de FP básica de Xardinería e Viveirismo do CEE María Mariño, e ao seu profesor Guillermo, por estes faballóns que nos entregaron como agasallo no reinicio das actividades no noso centro neste curso. Moitas grazas!

 

VISITA AO MUNCYT

 

O alumnado de 1.º BAC visitou o 2 de novembro o MUNCYT. A visita guiada incluía unha actividade sobre Cine e Ciencia Ficción titulada "And the winner is..." na que a través da proxección de fragmentos de coñecidas películas de ciencia ficción que inclúen erros de tipo científico, a rapazada tiña que descubrir os gazapos coma se dun concurso se tratase. A verdade, fixérono bastante ben!

Impresiona visitar a cabina do Boieng 747, un clásico deste museo. Dicir que na súa bodega viaxou o "Guernica" de Picasso dende Nova Iorque.Tamén se pode atopar o primeiro ordenador IBM que chegou a España no ano 1959 pertencente a RENFE, e mesmo ver a lanterna do faro da Torre de Hércules datada no s. XIX. Pagou a pena a visita pero hai tanto que ver que de seguro voltaremos, iso si, con máis tempo!

 

ESCAPARATE TENDA DE ALIMENTACIÓN A GRANEL

O alumnado de segundo curso do CM dual de Comercialización de Produtos Alimentarios e a súa profesora Sol Seoane preséntannos este precioso escaparate para unha tenda de alimentación de produtos a granel. Sen dúbida, unha composición moi elaborada coa que nos amosan que, unha vez máis, a súa creatividade non ten límites! A nós encántanos, e a vós, que vos parece?

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer