Na xornada previa ao Día das Letras Galegas, o alumnado de 2.° da ESO de Valores Éticos participou nun roteiro organizado polo alumnado @alusdomundo do IES do Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Coñecemos a historia do poeta a través dun roteiro pola comarca e realizamos diferentes actividades e xogos á beira do río Parga. Viñemos encant@s! Grazas ao IES de Guitiriz por este marabilloso día!
O 14 de decembro tivemos a oportunidade de gozar da versión galega da obra 'A Liorta, (Voltaire/Rousseau) ', que nos achegou ao salón de actos do noso Instituto a compañía Avelaíña Teatro de Pontevedra. A obra está dirixida por Antón Simón e interpretada polos actores Xulio Leal e Miguel Anxo Martín. Trátase dunha peza baseada no orixinal de Jean-François Prévand con tradución a cargo de Mar Miravalles Gallo.
O Departamento de Filosofía programaou para todo o alumnado de Bacharelato este encontro entre os dous grandes referentes do pensamento ilustrado, unha obra interesante para lembrar a necesidade dos debates filosóficos na actualidade. Sen obviar a presenza de bulos, como ruído na discusión, tamén noutras épocas.
Interesante debate sobre dous modelos de sociedade ante a nova realidade social de finais do S. XVIII, Rousseau acusa á Razón que defende Voltaire da aparición de grandes monstros coma o capitalismo, a escravitude laboral, a alienación e a propiedade privada. O inspirador do romanticismo e do socialismo demanda un reseteo da civilización creada para que nazan sociedades que respecten a natureza e a igualdade. Pola súa parte, Voltaire defende a Razón como elemento central das sociedades burguesas.
Un diálogo intenso no escenario que nos dará motivos de reflexión.
Alumnado de 3° (Cultura Clásica) asistiu, no Colón á representación de " Para acabar con Eddy", á cargo da compañía "La Joven". A peza forma parte da programación do Corufest, adicado á memoria de Samuel Luiz.
O alumnado de 1.º BAC visitou o 2 de novembro o MUNCYT. A visita guiada incluía unha actividade sobre Cine e Ciencia Ficción titulada "And the winner is..." na que a través da proxección de fragmentos de coñecidas películas de ciencia ficción que inclúen erros de tipo científico, a rapazada tiña que descubrir os gazapos coma se dun concurso se tratase. A verdade, fixérono bastante ben!
Impresiona visitar a cabina do Boieng 747, un clásico deste museo. Dicir que na súa bodega viaxou o "Guernica" de Picasso dende Nova Iorque.Tamén se pode atopar o primeiro ordenador IBM que chegou a España no ano 1959 pertencente a RENFE, e mesmo ver a lanterna do faro da Torre de Hércules datada no s. XIX. Pagou a pena a visita pero hai tanto que ver que de seguro voltaremos, iso si, con máis tempo!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer