Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2021-2022

ESCAPARATE DE NADAL

Despedimos este 2021 cun novo escaparate de Nadal, realizado polo alumnado de 2° curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e a súa profesora Sol Seoane.
Un fermoso escaparate dunha librería que, sen dúbida, nos convida a ler e viaxar a través dos libros, e sen saír da casa.
Este escaparate tan especial participa no concurso de escaparates #NavidadRETIF2021 polo que precisamos da vosa colaboración!!
Debes entrar na seguinte ligazón, votalo para o concurso introducindo datos e validar o email de confirmación.
https://pr.easypromosapp.com/voteme/931212/640747119?lc=spa

 

 

 

SORTEO DUNHA BICI!

 

Ademais do "Quiosco", nos últimos días esta bicicleta preside a vitrina da entrada do instituto. A pregunta é...Por que temos unja bicicleta decorada de Nadal no instituto?
Esta bicicleta é a recompensa que podes ter a final de curso por asistir a clase en VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Como tes que facer?
1. Vir ao centro nun VMP (bicicleta, monopatín, patíns, patinetr, etc.).
2. Achegarte nos 10 primeiros minutos do recreo ao Quiosco.
3. Cubrir o teu boleto para participar no sorteo. Cantos máis boletos cubras, máis posibilidades tes! Podes cubrir un por cada día que veñas nun VMP.
Lembra! Todos os días nos 10 primeiros minutos de recreo.
 

APARCADOIRO VMP

Outra das actuacións é este aparcadoiro VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Aquelas persoas que veñan ao centro en patinete eléctrico poden aparcalo ao fondo do corredor de Vicedirección-Secretaría. Ademais, existen enchufes para quen precise cargar o seu patinete.

VER BLOG ECOZALETA

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE

 

Un grupo de profesorado dos departamentos de Educación Física, Física e Química, e Comercio e Márketing está a participar este curso nun proxecto de "Mobilidade sostible". As principais liñas de actuación dentro do proxecto son:
✅ Proposta de intervención urbanística
✅ Recuperación de espazos
✅ Intervención e cambio nos hábitos de desprazamento do alumnado
✅ Estudo do impacto medioambiental do abuso dos vehículos de combustión
interna e os seus efectos sobre la saúde pública
Toda a información está dispoñible en:
⚠️Nas últimas semanas xa se puxeron en marcha algunhas actuacións. Permanecede atentos e atentas que de seguido vos contamos máis cousiñas ⚠️

O QUIOSCO

 

É de supoñer que nestes días vos chamaría a atención a nova estrela do instituto: O QUIOSCO!! Este será o punto de encontro para actividades e eventos que se realicen no centro. Por exemplo, esta semana estase a realizar a recollida de alimentos solidaria.
Tamén servirá para intercambios dentro do Club do Cómic, e outras cousiñas que moi pronto contaremos...

EXPOSICIÓN A MULLER E A MÚSICA

 

Desde o día 3 de decembro, no noso centro contamos coa exposición da Muller e a música. Grazas á xenerosidade de Laura Romero, a ilustradora de cada muller que forma parte das imaxes desta exposición. Cómpre lembrar a importancia da muller na música, de feito aí temos ás Tanxungueiras @tanxugueiras , por exemplo.
Desfrutádea que estará ata as vacacións de Nadal. Realizaremos actividades como xincanas para mergullarnos neste ámbito. O noso agradecemento a Laura Romero.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer