Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2021-2022

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

ROTEIRO POLA CORUÑA:

O alumnado de 3.° de ESO do IES Ramón Menéndez Pidal comezou o día 22 a celebración do Día de Rosalía cun roteiro que percorría os principais puntos de conexión entre a autora, a súa obra e a cidade da Coruña. A organización do roteiro correu a cargo da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e por parte do centro contou coa colaboración dos departamentos de Inglés, Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia. O alumnado desfrutou dun paseo desde o noso centro até o Parrote acompañado do recitado de poemas, da caracterización do século XIX e dos retos propostos pola guía, Carmela Gallego.

VER GALERÍA

VERSOS DE ROSALÍA:

No Día de Rosalía, grazas a Manchea - Imprenta + Artefactos manchea e á Asociación Cultural Alexandre Bóveda, puidemos ver en directo unha imprenta tradicional e sacar os versos de Rosalía de Castro á rúa. O alumnado de 3.° de ESO puido experimentar coa imprenta, ver os tipos, apreciar a arte da composición e levar para a casa un fermoso marcapáxinas cun fragmento da obra de Rosalía de Castro.

VER GALERÍA

 

 

O SON DAS AULAS: PODCAST SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 
Botabamos moito de menos aos nosos podcast...E aquí temos o primeiro deste curso!! Aitana e Uxía de 1.º Bacharelato C entrevistan á profesora e investigadora Berta Guijarro.
Cantas mulleres informáticas coñeces? Como é o camiño para converterse en científica? A estas e a outras moitas cuestións dá resposta Berta Guijarro neste espectacular programa. Se queres descubrir un novo e interesante referente das mulleres na ciencia, preme no botón de inicio!

ENTROIDO 2022: MANDADOS DO MECO

ESCAPARATE DE SAN VALENTÍN

 

Este San Valentín, celebramos o amor...en todos os sentidos!
Escaparate deseñado polo alumnado de segundo curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH

 

Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición 'Untold Stories', de Peter Lindbergh, desde a súa inauguración o pasado mes de decembro.
Hoxe foi alumnado de 4.° da ESO, e de 1.° e 2.° de Bacharelato quen tivo a ocasión de desfrutala, da man da profesora Ana López Formoso.

ESCAPARATE DUNHA ZAPATERÍA

Menos é máis. Este é o principio que o alumnado de escaparatismo de segundo curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais quixo poñer en valor con esta proposta de escaparate para unha zapatería. Nel, os produtos comparten protagonismo cunha estrutura en aceiro de liñas curvas, que os envolve semellando o caprichoso movemento do aire.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer