Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da presente orde.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería.
LIGAZÓN PARA MÁIS INFORMACIÓN
Ante a nova situación epidemiolóxica, proporcionamos a seguinte información a ter en conta nos centros educativos (ver documento adxunto)
Nestas datas tan especiais, a nosa pequena aportación ao Banco de Alimentos Rías Altas.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer