ESTUDO DA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA NA CONTORNA

 

O martes 21 de decembro o alumnado de 4.º ESO C que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realizou medicións de sonoridade nas rúas Hospital e Disciplina, ambas as dúas situadas na contorna do instituto. O obxectivo das medicións é determinar se as rúas situadas nos arredores do instituto teñen niveis de sonoridade causados polo tráfico por riba dos 65 dB (decibelios), nivel considerado pola Organización Mundial da Saúde como límite inferior a partir do cal se considera que hai contaminación acústica.
Para facer as medicións, o alumnado empregou a App "Physics Tollbox Sensor Suite", e sensores de son de Pasco e LEGO.
A actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta "Mobilidade sostible e segura" na que participa o centro educativo, e que ten como finalidade concienciar á comunidade educativa sobre o uso de medios alternativos de transporte seguros e non contaminantes.
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer