Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2021-2022

OBRADOIRO DE BICICLETA E VMP

O alumnado de 1.° de Comercio Internacional, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e de Actividades Comerciais desfrutaron o pasado 11 de maio dun circuito de prácticas e dun taller de reparación de bicicletas. Todo da man das asociacións Mobi-liza e Acouvmp. Esta actividade enmárcase dentro das previstas no Plan Proxecta de mobilidade sostible. Unha experiencia moi divertida coa que aprenderon moito!

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 2.º BAC

Información dispoñible no documento adxunto.

VISITA A EXPOTAKU

Alumnado pertencente ao Club do Cómic asistiu hoxe en ExpoCoruña a 'Expotaku', feira do manga por excelencia. Agardamos que desfrutarades da experiencia!

SORTEO DA BICICLETA

Un dos propósitos deste curso é que empregarades vehículos non contaminantes para vir ao instituto. Hai uns días realizamos o sorteo da bici escollendo un boleto de entre os participantes durante todo este tempo. A man inocente, como non podería ser doutro xeito, foi Conchi: profe de EF que nos fixo [e fai] mover o cu, e que se encargou durante moito tempo de ensinar a andar en bici e realizar roteiros pola cidade.
O afortunado gañador é Paulo, alumno de ciclos formativos, quen cada día viña ao instituto no seu monopatín. Parabéns!!

VISITA AO POSTO DE INSPECCIÓN FRONTEIRIZA

O alumnado de 1.° curso de Comercio Internacional realizou unha visita ao Posto de Inspección Fronteiriza do Porto da Coruña. A visita permitiulles coñecer situacións reais relativas a importacións e exportacións e a casuística propia da xestión alfandegueira, algo indispensable neste ciclo.

SAÍDA EN BICICLETA

Lembramos unha das saídas en bici que realizou hai unhas semanas o alumnado de 1.º da ESO. Desprazouse cara ao paseo marítimo en dirección Riazor polo carril bici ata chegar ao Milenium, ascensor do monte de San Pedro e continuación ata o Portiño. Cada grupo segundo o seu nivel fixo entre 8,5 e10 km, aproximadamente. Noraboa!!! Sodes uns/unhas ciclistas estupendos!!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer