Outro ano máis o noso instituto está de noraboa. Nesta ocasión, a alumna de 1º de ESO Claudia Kaulbark Amoedo acadou o 2º premio neste certame literario, co relato titulado “O cambio de Leire” e o alumno de 2º de ESO, Miguel Rancaño Míguez obtivo o 3º premio polo conto “Os fantasmas da consciencia”.
Os nosos parabéns para estes dous alumnos e o noso agradecemento ao Colexio Santo Paio de Abaixo de Reboreda polo seu empeño e entusiasmo, na procura de inquedanzas literarias na fantasía e imaxinación dos rapaces e rapazas do noso concello.
Deixámosvos a referencia desta súa páxina para que poidades comprobar o moito e ben que están a traballar desde este centro público de Reboreda:
http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/