Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2017/2018

23 de abril: DÍA DO LIBRO

 

Celebramos o “Día do libro”. Para iso, desde a Biblioteca, se lles propuxo aos titores e titoras da ESO que  o seu alumnado presentase nunha cartolina unha recomendación do libro que máis lle gustase ou o impresionase. Podedes ver un tendal no que as recomendacións lectoras están ao aire, á vista de todo o mundo. 

Doutra banda, desde Normalización Lingüística e desde a Biblioteca elaborouse, coma sempre, o tradicional e esperado Caderno Gastronómico, desta volta vinculado ao mundo do Mar, formando parte do noso PLAN PROXECTA. Aquí vos deixamos varias receitas elaboradas co noso peixiño.
Bo proveito e Felices lecturas.

 

   
   
   
   

Día de Rosalía

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística xunto co Departamento de Educación Plástica e o de Lingua Galega decidiron, seguindo unha proposta  da AELG (Asociación de escritores en lingua galega)e co gallo do seu nacemento, realizar unha pequena homenaxe á nosa gran Rosalía de Castro. Para iso o alumnado visitou a Biblioteca e leu poemas da autora; elixiu os versos que máis lles gustaron e representounos plasticamente. A imaxe de Rosalía e algúns dos seus versos  inzaron as paredes e fiestras dalgunhas estancias do centro.

 

Para ver máis fotos visita AS NOSAS FOTOS

 

 

 

 

Entroido na Biblioteca

Este ano tamén celebramos o ENTROIDO con moitas ganas de festa. Para prepararnos para ela, tivemos a fantástica axuda do profesor de debuxo e plástica Iñaki Vicente que animou aos seus alumnos e alumnas a deseñar e fabricar máscaras de entroido que despois colocaron nas cristaleiras da biblioteca .

O resultado : ESPECTACULAR!!! Como podedes comprobar nas imaxes

   
 

 

 

30 de xaneiro: Día da Paz

Fallado o concurso de relatos curtos

Velaquí os gañadores e gañadoras do I Certame de relato curto organizado pola nosa Biblioteca:

 

PRIMEIRO PREMIO:  MARTA MUÍÑOS GARGAMALA     (3ºESOA)

SEGUNDO PREMIO:   MARIÑA PIÑEIRO CAMIÑA      (1ºBACH C)

TERCEIRO PREMIO:  ESTELA MUÍÑOS GARGAMALA     (3ºESOA)

ACCÉSITS:  ADRIÁN CARRERA/ALEXANDRE LAGO (3ºESOA) e ANTONIO CRESPO GÓMEZ (4ºESOA)

Os nosos parabéns a todos eles.

Se queredes ler e gozar destes relatos, están no último número dos Contos de Medo

 

 

 

2 de novembro: "Don Juan Tenorio"

O día 2 de novembro no recreo, os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato da materia de Literatura Universal, representaron para todos nós algunhas escenas da obra “ Don Juan Tenorio” de José Zorrilla. Queremos agradecerlles o seu esforzo para preparar todo en tan pouco tempo e o seu entusiasmo en facernos partícipes desta obra.

Tamén resaltamos a implicación e dedicación da profesora Catalina Míguez para levala a cabo.

 

 

Preme na imaxe para velas todas:












24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares

O día 24 de outubro celebramos no I.E.S. Mendiño o día das bibliotecas escolares. Para conmemorar esta data invitamos a todos os alumnos e alumnas a visitar a biblioteca no recreo e nesta visita agasallámolos cun libro que eles puideron elixir, e incluso, aos primeiros en chegar, cun marcapáxinas.

Como se aprecia nas fotos, houbo unha grande afluencia do alumnado. Todos eles mostráronse encantados de poder elixir un libro, ou incluso un DVD, pero para nós, o máis importante foi que coñeceran a biblioteca, xa que moitos deles son alumnos e alumnas novos no centro.

Foi unha auténtica festa!!!!

 

 Preme na foto:






Concurso de relatos curtos Samaín"

 

Dende a Biblioteca do I.E.S. Mendiño, convocamos este primeiro concurso de relatos curtos relacionados co Samaín.

Aquí tedes as bases e animámosvos a todos e todas a participardes nel…!!!!

Bases

  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas matriculados no Centro neste curso 2017-18.
  2. O tema dos relatos terá que versar sobre o misterio ou o terror.
  3. Os relatos estarán escritos en galego.
  4. A extensión dos traballos será entre 200-250 palabras.
  5. Os textos presentaranse escritos en folio DIN A4 por unha cara
  6. Os traballos entregaranse na semana do 30 de outubro ao 3 de novembro  de 2017. 
  7. Un xurado composto por membros da comunidade educativa valoraraos.
  8. Concederanse tres premios consistentes en vales canxeables de: 30 euros (1º premio), 20 euros (2º premio) e 15 euros (3º premio).
  9. Os premios entregaranse nunha sesión que incluirá a lectura dalgúns dos textos premiados na biblioteca do centro. Posteriormente incluiranse nos Cadernos de Medo.

 

Redondela, 17 de outubro de 2017

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut