Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

De carácter antropolóxico

O mar no mundo relixioso

Tamén o mar está presente no mundo relixioso. O alumnado da materia de Relixión, dirixido pola súa profesora, achegounos algunhas pinceladas deste binomio cristianismo-mar, unha dicotomía moi interesante, pois o mar representa un medio de vida e, polo tanto, de riqueza; pero tamén supón un perigo. Serán precisamente estes dous eixos os que vinculan a relixión co mar: a xente pídelle a Deus por intercesión da Virxe do Carme ou dalgún santo a protección ante os perigos da faena marítima e por outra banda, unha boa pesca ou colleita.

Desde as súas orixes, o cristianismo tivo sempre unha estreita vinculación co mar. Palestina, o país de Xesús, vivía fundamentalmente da pesca e da agricultura, e non en van os apóstolos eran na súa meirande parte pescadores, tal e como aparece recollido nos relatos evanxélicos. Partindo deste feito, parte do alumnado traballou sobre a xeografía do país de Xesús, así como sobre a súa cultura, os seus costumes, festas... Outra parte fixo o seu traballo sobre os apóstolos pescadores.

Redondela é vila marítima, polo que unha segunda dimensión do traballo levou ao alumnado a traballar sobre “patróns e patroas” da xente do mar. Isto levounos inmediatamente a pensar na Virxe do Carme, que desde a Idade Media substituíu a S. Telmo no papel de protectora das persoas mariñeiras. Unha parte do alumnado, fundamentalmente de Cesantes, recolleu datos nas súas casas, pois en moitos casos teñen barcas nas que levan a imaxe da Virxe en procesión pola Ría de Vigo. Outra parte afondou na orixe á devoción da Virxe do Carme como advocación protectora dos mariñeiros e así descubrimos que nun primeiro momento o patrón da xente do mar era S. Telmo, o que nos levou a estudar a súa biografía para explicar a orixe deste dato. Ademais, algunhas rapazas e rapaces escolleron a figura de S. Pedro, o primeiro entre os doce apóstolos de Xesús, pois era o patrón da súa parroquia, concretamente de S. Pedro de Cesantes, parroquia mariñeira. Asemade, como en Redondela hai unha grande devoción ao Cristo dos Navegantes, tamén nos mergullamos na historia desta devoción.

 

.

Foi a finais do século XVIII cando os Ilustrados deron en valorar a literatura popular, que ata aquel entón non estaba ben considerada. E en verdade foi un grande avance, pois está presente nas festas que celebramos, nas cantigas e coplas que cantamos, nas lendas, nos refráns, na fraseoloxía... Todo isto fala de nós, de como somos e de como vivimos... Por iso queremos abrir agora un apartado no que recollamos algúns destes aspectos que nos van explicar como nos adaptamos á nosa contorna marítima, como imos compartindo relacións que conseguen identificarnos como grupo e como deixamos en herdo estas mostras populares ás xeracións vindeiras:

Canta a avoa de Alexandre Lago Pereira, alumno de 3º de ESO

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut