Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

De carácter artístico

ARTE NA PRAIA DE CESANTES

A través desta actividade tentouse favorecer a integración da arte na natureza sen prexudicala.  Elementos naturais como cunchas, pedriñas, algas, a propia area... puxeron en práctica cuestións de álxebra aprendidas na aula. O espazo natural, libre, sen ataduras nun tapiz da natureza  para compartir con todo o mundo. Arte efímera elaborada polo propio alumnado para goce e disfrute de todos os que puideron compartir eses momentos.

 

 

 

EXPOSICIÓNS DE DEBUXOS EN RELEVO SOBRE O MAR

Nun panel situado na entrada do centro, podemos admirar algúns dos traballos realizados na clase de Educación Plástica a partir de cartón e folios de cores. Son pequenas obras que nos inician no camiño cara ao volume e a escultura, realizando unha análise da composición en planos, sempre co mar como elemento inspirador.

 

 

Cadernos gastronómicos

 

Desde Normalización Lingüística e desde a Biblioteca elaborouse, coma sempre, o tradicional e esperado Caderno Gastronómico, desta volta vinculado ao mundo do Mar, formando parte do noso PLAN PROXECTA.  No seu número 29 deixámosvos varias receitas elaboradas co noso peixiño.

 

 

Arte lixo 2018

 

 “Arte Lixo” tamén está presente no noso PLAN PROXECTA sobre o MAR.  Rúas e prazas de Redondela rezumando arte durante unha semana (do 14 ao 21 de abril)  O Lixo feito Arte!!! E tamén no noso centro chocos, raias, algas e outras especies mariñas nun acuario realizado polo noso alumnado a partir do lixo xerado no recreo pola comunidade educativa. Velaquí un pequeno video que ilustra este traballo cuxo fin era, unha vez, máis, traballar o mar desde un punto de vista creativo:
 

.

Imaxes

 Queremos tamén, nesta sección, irvos presentando imaxes actuais nas que podemos comprobar que, malia o paso do tempo, hai labores tradicionais marítimos que seguen a empregar técnicas e aparellos como antano, demostrándonos así a importancia de coidar, respectar e transmitir coñecementos.

Bicheiro

Petera

 

Rizón

 

Trasmallo

Bonco de peixes

 

Planeadora

 Argolas

 Nasas

 

  Nasas

 
   

Memoria Fotográfica

Nesta sección imos ir colgando fermosas fotografías cedidas polas familias do noso alumnado. A través das cales podemos achegarnos a labores mariñeiros dos avós e avoas dalgúns dos nosos rapaces e rapazas. (fotografías aportadas polas alumnas: Aroa Blas e Natalia Crespo)

Preme na imaxe para velas todas

 









 

 

Bandas deseñadas

Dentro do programa da materia de Lingua Galega e Literatura de 3º de ESO, no primeiro trimestre, trabállase a nosa Lírica Medieval. Xa que logo, prestámoslle moita atención ás fermosas cantigas de amigo e, moi especialmente, á de Meendinho. Aproveitamos así non só para achegármonos ao significado e emoción desta cantiga senón tamén para relacionala coa nosa realidade cotiá: o nome do noso centro, da avenida na que está situado, da illa que vemos diariamente e, en definitiva, do importante que o noso mar é mesmo na nosa literatura.
É por iso qe o alumnado de terceiro entendeu e interiorizou a cantiga de xeito qe, en grupo, realizou bandas deseñadas inspiradas nela, participando así nas actividades sobre o mar que estamos a realizar dentro do Plan Proxecta e en colaboración co noso EDL e coa nosa Biblioteca .
Velaquí van algunhas, que esperamos que vos gusten (preme nas imaxes)

 

       
         
         

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut