Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, pódese consultar o  número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2020/21, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

 Podedes consultar NO CENTRO ou na aplicación Admisioalumnado o listado de admitidos da reserva de praza para o curso 2012/21 do IES de Meaño.

 Recordamos que se poderá solicitar a admisión  do 1 ó 20 de marzo de 2020.

 

Un saúdo 

A Dirección

Proxecto "Mapa dos colectores QR de Meaño": guía para engadir colectores no mapa compartido de Google Maps.

O alumnado de 2º de ESO precisa da túa axuda para levar a cabo o proxecto "Mapa dos colectores QR de Meaño", sobre a reciclaxe.

Cómo podes axudar? Introduce no mapa compartido en Google Maps a ubicación exacta dos colectores que teñas perto da túa casa. Logo os alumnos/as de 2º de ESO pasarán esa información ó  mapa físico que temos no centro, e crearán uns códigos QR para colocar nos colectores a través dos cais se poderán ver vídeos explicativos sobre os residuos que poden ir ós mesmos. 

No seguinte enlace tes un pdf no que se detalla paso a paso cómo se introduce a ubicación exacta dun colector no mapa compartido en Google Maps.

Preme aquí para acceder á guía

Obradoiro de esculturas literarias

Continuamos coa segunda fase do Obradoiro de esculturas literarias, na que o alumnado da primeira fase ensina ó resto de alumnado do centro.

CONMEMORACIÓN DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 DE XANEIRO).

Os alumnos/as de 4º de ESO realizaron un programa de radio en directo no pavillón para todo o alumnado sobre a CONVIVENCIA no instituto. Entrevistaron a Mari Daporta (secretaria). Tamén entrevistaron a María Fernández, Estrela Carballo e Ángela Chan (titora e titorandas do proxecto Titorando) e a Paula Dasilva (premio CIR do curso 18/19).

Os delegados/as dos diferentes grupos fixeron as súas reflexións sobre a convivencia no centro.

O xefe de estudos anunciou os cinco alumnos/as que máis aportan a un clima positivo de convivencia no centro (elexidos en votación polos seus compañeiros, o profesorado e os conserxes). Os seleccionados foron: Diego Salgueiro, Antía Fontán, Mariña García, Lucía Vilar e Sabela Gonzalo. Recibiron unha gran ovación dos presentes. Noraboa ós/ás cinco por este merecido recoñecemento.

Aris Salomón Padín, gañadora do Concurso de postais de Nadal de Nabia Naviera

Noraboa a Aris, alumna de 3º de ESO A, que foi a gañadora, na súa categoría, do concurso de postais de Nadal da empresa Nabia Naviera, que ten como premio unha viaxe para ela e os seus compañeiros á Illa de Ons ou ás Illas Cíes.

Distribuir contido


by Dr. Radut