FacebookSíguenos en YouTube

Obradoiro de regueifa

O mércores 3 de abril o alumnado do Club de Regueifa participou nunha actividade de formación avanzada con Lupe Blanco e Alba María. Esta xornada foi un paso máis alá na formación inicial que xa reciben no centro. As propias regueifeiras sorprendéronse da calidade das improvisadoras e improvisadores de Baio. Traballaron a maiores da regueifa tradicional o estilo libre, con bases electrónicas nas que moito alumnado mostrou o seu control. Entre a multitude de coplas saíron algunhas moi interesantes co seguinte pé forzado:

Cando estou aló arriba

Podes verme en movemento

Son lixeira coma un ave

Móvome a favor do vento

E paréceme mentira

Dinme que teño talento

Mira como eu regueifo

Móvome a favor do vento

A maiores aproveitamos para meter a estas dúas mulleres bravas no estudio do instituto para preparar un disco... sí escoitástedes ben. Estade atentas ás seguintes entregas... seguiremos regueifando!!!

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro de regueifa