FacebookSíguenos en YouTube

O Principiño, revisitado. Saída ao Numax do alumnado de Francés.

“O esencial é invisible aos ollos”, unha das ideas clave do Principiño, é xustamente un dos principais acertos da adaptación cinematográfica de Mark Osborne (Kung Fu Panda, Bob Esponxa) deste gran clásico: animar, recrear e facer visible o esencial da historia de Saint-Exupéry.
Outro gran mérito desta adaptación, gañadora dun premio César en 2016 ao mellor filme de animación, consiste en atualizar a narración e acercala ao público mozo, situándoa no mundo contemporáneo, a través da mirada dunha nena.

Os departamentos de Francés do IES Maximino Romero de Lema e do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños), organizaron unha saída o pasado xoves, 10 de novembro, para asistir a esta proxección na sala Numax (Santiago de Compostela) en VOSG, á que asistiu o alumnado de 2º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato do noso centro.

Estas son algunhas das opinións recollidas entre o público:

“A película é de 10.” (Alicia)
“Gustoume moito porque mostraba escenas divertidas e sensibles.” (Martín)
“Me reí un montón. ¡Una película inolvidable!” (Paula)
“Fai unha crítica moi realista sobre a nosa sociedade: mostra que non só os números ou o poder económico son importantes.” (Noa)
“Un cando crece non se pode esquecer da súa infancia.... Emocioneime moito.” (Teresa)
“Es una historia preciosa de un niño sin familia que solo necesita un amigo, y lo encuentra en el Sáhara.” (Raúl)

Podedes ver as fotos da saída na seguinte galería.