Saída organizada polo Departamento de Francés, ao Cine NUMAX de Santiago de Compostela.
Saída organizada polo Centro, a Traba, para a limpeza de praia e visita á lagoa e arredores.
O vindeiro mércores, día 31 de outubro, celebraremos no Centro o Magosto e o Samaín. Será nas dúas últimas sesións e como todos os anos vai ser organizado polos alumnos de 4º da ESO, coa fin de racadar fondos para a súa excursión. As actividades consistirán en:
- Torneo de Futbol Sala.
- Xogo de Scape Room.
- Venda de petiscos.
- Reparto de castañas.