Skip to Content

Plan proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, Donas de si, Clases sen fume, Proxecto Xermolón, Correspondentes xuvenís

Concursos

Convocatoria CONCURSOS CULTURALES 2023 | ACRECA

O alumnado de 3º da ESO do IES Illa de Sarón, en colaboración co Proxecta "Correspondentes xuvenís" preparou unha serie de presentacións para facer chegar ó resto de alumnado do centro toda a información referente a concursos con prazos abertos que recibiron a través deste proxecto. Quedan nesta ligazón as devanditas presentacións para todos/as aqueles que decidan participar.

Donas de sí

Donas de sí

Para rematar este proxecto, o alumnado de 3º ESO estivo a buscar cancións que traten a igualdade de xénero, o empoderamento e a importancia da muller.

Esperamos que vos gusten as cancións elexidas!!!!

Correspondentes Xuvenís

Correspondentes xuvenís

Donas de sí: Mulleres na historia

Ao longo de todo o curso estivemos traballando en todos os niveis da ESO o papel de determinadas mulleres na Historia, posto que, na maioría dos casos, as súa contribución quedou relegada a un segundo plano, ensombrecida polo papel dos varóns (protagonistas coñecidos dos distintos episodios da Historia) ou mesmo olvidada. É necesario recuperar o nome destas mulleres para que os alumnos e alumnas as coñezan e comprendan a súa relevancia.

Deste xeito, o que fixemos foi proponer un traballo para cada alumno consistente en elaborar unha pequena biografía sobre a muller escollida.

No grupo de 1ºde ESO, as mulleres escollidas debían pertencer á Idade Antiga, posto que este período é o que se traballa neste curso. As escollidas foron: Aspasia de Mileto, Julia Domna, Hipatia de Alexandría, Cornelia, Gala Placidia, Livia Drusila, Cleopatra, Hatshepsut, Nefertiti, Lucrecia, Diotima de Mantinea, Agripina la Menor… Son eruditas ou figuras destacadas na política no caso de Exipto e Roma.

No grupo de 2º de ESO centrámonos na Idade Media, que é o que traballamos ao longo de todo o curso, con nomes destacados como Muniadona, Blanca de Navarra, Petronila, Urraca… todas elas raíñas dos diferentes reinos que conformaron España.

Nos grupos de 3º e 4º de ESO traballamos a Idade Moderna e Contemporánea. Algúns nomes a destacar son: Isabel a Católica, Isabel II, María Cristina de Habsburgo, Catalina de Rusia, María Teresa de Austria, Agustina de Aragón, Mariana Pineda, María Antonieta… neste caso son raíñas ou figuras ilustres por ter destacado no despotismo ilustrado ou na guerra de independencia contra os franceses.

 

Correspondentes Xuvenís

Donas de sí

O alumnado de 3° adicou esta avaliación a investigar os logros de varias deportistas galegas. Cada membros da clase realizou unha exposición do seu traballo. Con toda a información recollida, organizáronse en dous grupos e elaboraron unha lista de preguntas para facer un concurso, "Pasapalabra: deportistas galegas".

Foi unha actividade moi divertida, seguro que repetiremos!!

Plan Proxecta: Donas de sí

Correspondentes Xuvenís

Distribuir contido