Skip to Content

CURSO 2019-2020

A música na casa

Prema na imaxe para ver o que fixemos durante este trimestre.

Axudas para actividades de formación en linguas extranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O pasado 26 de febreiro publicouse so DOG a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Tede en conta que  o prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Podes obter máis información consultado o seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30366

Semana Branca - Andorra V

O venres, o noso último día da Semana Branca en Andorra, amenceu soleado e gozamos doutro espléndido día de sol.

Asistimos ao curso de esquí e snow e recollemos os diplomas.

Tras o xantar puidemos esquiar pola nosa conta ata as 15:00h.

Despois de devolver o material de esquí, pasamos polo hotel para darnos unha ducha rápida, recoller as nosas maletas e emprender viaxe cara a Xove. Saímos moi cansos pero á vez moi satisfeitos dunha semana de deporte e convivencia da que, con seguridade, nos lembraremos durante moito tempo.

Agárdanos unha longa viaxe e esperamos chegar ao IES Illa de Sarón sobre as 10:00-11:00 da mañá do sábado día 8.

Semana Branca - Andorra IV

A xornada do xoves transcorreu dentro da normalidade, tivemos que visitar a enfermería, pero nada grave.

Erguémonos cedo, almorzamos e subímos ás pistas. O sol foi xeneroso con nós, ao igual que toda a semana.

O alumnado asistiu ao curso de esquí e hai quen xa domina a técnica marabillosamente. Houbo tamén quen pretendía quedar na cafetería toda a mañá, mais finalmente foi e regresou encantad@.

Despois de xantar, coma todos os días, houbo tempo para esquí libre polo Tarter.

Parece que, por fin, ao 100% lles gusta este deporte de inverno.

De volta á cidade pola tarde, e despois dunha boa ducha, paseamos polo centro urbano e realizamos ás últimas compras.

Despois de cear, organizamos as quendas das duchas do venres antes de sair cara Xove e voltamos ao centro para ver a cidade nocturna.

Agora xa só queda preparar as maletas e repoñer forzas para afrontar o último día en Grandvalira, Soldeu-el Tarter.

Semana Branca - Andorra III

A xornada do mércores transcorreu sen novidade. Bo tempo, boas condicións de neve, moita ilusión e novas sensacións ao descubriren novas pistas. E sen lesións, que é moi importante!

Pola tarde noite saímos por Andorra pasear e facer algunha compra.

Xa pola noite, despois de cear, repuxemos forzas para afrontar a xornada do xoves.

Seguiremos informando...

Semana Branca - Andorra II

Esta mañá de martes amenceu cunha temperatura máis alta do normal para esta época do ano, mais tamén con moito vento que foi amainando ao longo da mañá.

O alumnado despois de erguerse ás 07:00h asistiu ao curso de esquí e  segue aumentando o seu dominio e a súa capacidade para superar novos retos.

O cansazo segue estando presente, mais tamén a ilusión por mellorar neste deporte fan que non se decaten das maniotas e que todo sexa máis levadeiro.

Rematamos a xornada no Centro Termal CALDEA onde relaxamos os músculos e compartimos dúas extraordinarias horas.

Todo segue o seu ritmo normal!!!

Deixamos algunhas fotos.... e seguiremos informando.

Semana Branca - Andorra I

Despois dunha longa viaxe de 14 horas, chegamos a Andorra á mediodía, xantamos e fomos recoller o material de esquí.

O luns ás 7 da mañá tocou o espertador, percibíase o cansazo acumulado pero tamén as gañas e a ilusión por pisar a neve e experimentar novas sensacións. Almorzamos e ás 8:00 estabamos indo cara ao autobús para subir á estación de El Tarter en Grandvallira.

SarónSpot - Concurso de mensaxes comerciais

O IES Illa de Sarón convoca o concurso de Mensaxes comerciais "SarónSpot"

BASES DO CONCURSO

  1. Participantes: pode participar toda a comunidade educativa do IES Illa de Sarón do curso 2019/2020. A participación pode ser individual ou grupal.
  2. Categorías: única.
  3. Presentación: será obxecto deste concurso vídeos editados polo autor ou autores.
  4. A temática dos vídeos será unha publicidade positiva do noso centro, dando visibilidade ós ciclos formativos que se imparte.
  5. Requisitos a cumprir: Cada vídeo presentarase en arquivo dixital (MPEG, MOV, MP4) non superior a 700MB para o visionado do xurado. Nas obras presentadas NON figurarán os créditos. Se é seleccionado, o autor/es comprometese a presentar unha copia dixital HD para a súa proxección pública e nesta figurarán os créditos.
  6. Non excederá de 4 minutos.
  7. Non se admiten traballos entregados despois do 2 de marzo de 2020.
  8. Engregarase a obra nun dispositivo de memoria cun alcume como nome do arquivo. Acompañarase cun sobre pechado no que por fora figure este mesmo alcume e conteña dentro un documento no que figure o alcume do autor/es do traballo co nome e apelidos dos autores. Todo isto meterase nun sobre máis grande sen identificacións e entregarase en conserxería.
  9. O gañador cede o uso de vídeo para a promoción do IES Illa de Sarón.
  10. Premiso: Diplomas acreditativos para os tres mellores e un vale de 50€ para a compra de material escolar ou material tecnolóxico para o gañador.
  11. A entrega do premio e os diplomas terá lugar o 10 de marzo.

 

Distribuir contido