Skip to Content

Orientación

Para as familias con mozas e mozos diagnosticados de Trastorno do Espectro Autista

Este breve documento recolle unha proposta para saber como axudar aos fillos e fillas con TEA durante este período de estudio nas casas.

Lembrade que podedes escribirme a orientacionmuriel@gmail.com para calqueira consulta ou dúbida que se vos plantexe.

Moito ánimo que xa queda outro día menos.

 

Para as familias con mozas e mozos diagnosticados con Dislexia

Boas familias!

Déixovos no documento adxunto algunhas propostas para tentar axudar aos vosxs fillxs se a dificultades que presentan estan relacionadas doa dislexia.

Solo son suxestións, e probablemente, xa estaredes aplicando as vosas propias técnicas, pero por si serven de axuda, botádelle un vistazo.

Recórdovos que si precisades algo, o correo onde podedes atoparme é: orientacionmuriel@gmail.com

Moito ánimo e forza!

 

Para as familias con fillas e fillos diagnosticados de TDAH

Déixovos no adxunto un enlace cun documento que elaborei para axudarvos a organizar o estudo dos fillos e fillas diagnosticados de TDAH, como vedes é un documento xeral, e cada neno e cada nena ten as súas peculiaridades, vos sodes os que mellor coñecen aos seus fillxs, este documento solo son suxestións e ideas que probablemente xa estaredes aplicando, pero que nalgunha ocasión poden servir para superar algunhas dificultades.

Paciencia e moito ánimo!

Recopilación de consellos para traballar coas fillas e fillos na casa

Seguro que xa vos chegaron polas redes sociais, pero o orientador murciano Claudio Castilla, fixo unha recompilación dos consellos apoiadas con elementos visuais, máis doadas de entender para todas, é moi breve, e seguro que xa estades a aplicar as propostas e ideas que plantexa:   https://colectivorienta.wordpress.com/2020/03/16/recopilacion-de-consejo...

 

Como axudar a estudiar na casa aos fillos e fillas con algún diagnóstico

Estimadas familias:

Entendendo que moitas de vós estaredes pendentes de como axudar aos fillos e fillas a sobrelevar esta situación excepcional, seguramente sexa un pouco máis difícil para aquelas que tedes algún mozo ou moza con dificultades na aprendizaxe. Neste sentido, quixera comentarvos que vos deixo aquí os enlaces dos protocolos cos que o profesorado traballa nas aulas, pero que estou a elaborar documentos máis breves e específicos para cada dificultade concreta.

Agasallarías a túa vida a cambio dun teléfono mobil?

Este é o título dunha campaña que pretende que nos decatemos da adición que pode supoñer o uso do móbil.

Dá que pensar!!https://www.reasonwhy.es/actualidad/mi-vida-es-tuya-anuncio-havas-adolescentes-adiccion-movil

Tik Tok, a nova aplicación que triunfa na mocidade, como protexer aos fillos e fillas no seu uso

Déixovos aquí un artigo publicado na Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), sobre a aplicación que xa está por riba de Instagram, en canto a descargas de usuarios, e como configurar a privacidade da aplicación para ter certas precaucións no uso desta app que xa foi denunciada en varias ocasións por vulnerar a privacidade de mozos e mozas que a empregaron.

https://www.ocu.org/tecnologia/telefono/consejos/tik-tok#

 

Programa de Prevención de Adicións: Charla para docentes e familias

Dentro do Programa de prevención de adicións sen substancia ( redes sociais, apostas deportivas e videoxogos), terá lugar o próximo LUNS 9 de DECEMBRO ás 18:00h no SALÓN DE ACTOS unha charla para familias e docentes a cargo de Juan Carlos Permuy, Psicólogo e Educador Social, especialista e técnico en prevención de adicións, que xa nos acompañou nunha charla o curso pasado na que aportou información e claves moi valiosas para axudar a mozos e mozas a navegar polas redes con sentidiño.

Moi recomendable!!

Enquisa Orientación Vocacional para 4º da ESO

Deixo aquí o enlace para cubrir a enquisa que pertence ao Programa de Orientación Vocacional para 4º da ESO deste curso:

https://forms.gle/y4jb1YYctE1PrtkY8

 

Grao de Óptica da USC

A decana da facultade de Óptica e Optometría fainos chegar un díptico e información sobre o Grao de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago, e do Servizo de Optometría co que conta a facultade (http://www.usc.es/gl/servizos/optometria/)

Para máis información, nos anexos deste artigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut