Skip to Content

Como axudar a estudiar na casa aos fillos e fillas con algún diagnóstico

Estimadas familias:

Entendendo que moitas de vós estaredes pendentes de como axudar aos fillos e fillas a sobrelevar esta situación excepcional, seguramente sexa un pouco máis difícil para aquelas que tedes algún mozo ou moza con dificultades na aprendizaxe. Neste sentido, quixera comentarvos que vos deixo aquí os enlaces dos protocolos cos que o profesorado traballa nas aulas, pero que estou a elaborar documentos máis breves e específicos para cada dificultade concreta.

Así e todo, si precisades máis información ou pautas máis específicas sobre como organizar o traballo na casa, escribídeme a: orientacionmuriel@gmail.com e trataremos máis concretamente o caso do voso fillo ou filla.

Moita forza e moito ánimo!!

 

Protocolo para traballar co alumnado diagnosticado con dislexia: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30104

Protocolo para traballar co alumnado diagnosticado con altas capacidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28890

Protocolo para o tratamento educativo do Espectro Autista: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18477

Protocolo para traballar co alumnado diagnosticado de TDAH: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18451



page | by Dr. Radut