Skip to Content

Avisos e noticias

DIA DA MULLER TRABALLADORA: "A Redeira"

Marité Sobradelo mostróunos as súas habilidades, xa ancestrais, coas redes. Fixo un auténtico encaixe de bolillos. Deixóunos abraiados!. Noraboa a todas as mulleres mariñeiras!

 

Día da muller traballadora

Bibliomuriel, baixo a dirección do incansable profesor Antón Vilariño, organizou unha charla sobre o proxecto no que estamos a traballar durante o curso, O Noso Mar, a cargo de Marité sobradelo e Ramón Abuín, "Nero" que nos ilustraron e ensinaron a beleza e a negrura dos raballos mariñeiros.

Outro éxito da Bibliomuriel!

 

 

 

 

A MULLER E O MAR

Os Equipos da Bibliomuriel e de Normalización Lingüística do centro rinden homenaxe á muller traballadora do mar, tan presente na cotidianidade do noso pobo.

NOTICIA SOBRE AS NOSAS FINALISTAS DA OLIMPIADA FILOSÓFICA

 Noticia publicada na Voz de Galicia o  26/02/2016 .

Aínda que non o consigan o vindeiro día 3 para nós xa son gañadoras.

Parabéns!

 

OLIMPIADAS FILOSÓFICAS DE GALICIA

As alumnas de 1º de BAC B, Amanda Mariño Rial e Alicia e María Fernández Insua foron seleccionadas para participar na final das Olmpiadas Filosóficas de Galicia, cunha curta realmente boa, tirulada Ausencia eAutenticidade,unha reflexión sobre gañadores e perdedores.

Parabéns para as nosas alumnas e tamén para a os seu profesor, Rafael Saco, que contribúen ao prestixio do noso centro!.

Moita sorte e moito ánimo!

Mirade!

DÍA DA PAZ

"NERO" E ENRIQUE LÓPEZ . TODO UN LUXO

CHARLA DO DIRECTOR DO MUSEO DO MAR 1

Seguindo coa temática de "O Noso Mar", o director deo Museo do Mar visitóunos de novo.

Estamos a aprender continuamente.

"O NOSO MAR" Charla de "NERO"

O profesor Vilariño, de novo, co seu bo facer e entusiasmo, conseguíu a visita e charla de "Nero", mariñeiro dos de antes, coñecedor do mar. Encántounos!

CHARLA DO DIRECTOR DO MUSEO DO MAR DO CONCELLO DE RIANXO

Distribuir contido


by Dr. Radut