Skip to Content

Charla coas familias do alumnado de 4ºESO

12/05/2016 11:30
Europe/Madrid

Déixovos o enlace da presentación que estivemos visualizando e comentando onte.

Moitas grazas aos asistentes polo esforzo de vir ao IES, e para aqueles que non tiveron a oportunidade de achegarse, convídovos a que lle botedes un vistazo a esta presentación, moi completa e que pode resolver moitas dúbidas.

 

http://monicadizorienta.blogspot.com.es/2013/05/sesion-de-informacion-ac...

Becas e Axudas para o Estudio

12/05/2016 11:20
Europe/Madrid

Onte tivemos charla coas familias, durante a sesión saliron dúbidas sobre as becas, deixovos unha presentación con toda a información, lembrade que podedes pedir axudas para ciclos de grao medio e superior, para bacharelato e para estudios universitarios.

Se aínda quedan dúbidas, pasade polo Dpto de orientación

Escolma de poemas de Manuel María

Residencias Universitarias 2016-17

09/05/2016 13:08
Europe/Madrid

Déixovos un arquivo que é unha presentación con toda a información sobre as Residencias Universitarias Públicas de Galicia, para o próximo curso 2016-17.

LETRAS GALEGAS 2016

Bibliomuriel celebra a Semana das Letras Galegas.

Empezamos xa cunha presentación.

VIAXE A MONFRAGÜE 2016

 Os alumnos de1º BAC e os profesores Sofía Rama e Rafael Saco deixaron as súas pegadas por Salamanca e Extremadura!

Repetirémolo

PRAZAS EN RESIDENCIAS DA XUNTA CURSO 16/17

Consulta a convocatoria aquí.

Prazo de solicitudes: ata o 27 de maio de 2016

AULAS NATUREZA 2016

Destinatarios:Alumnos de 5º ,6º de Primaria ou 1º de ESO e ter unha idade entre 11 e 13 anos a data 31 de decembro de 2016.

Alumnado con NNEE: ter unha idade comprendida entre 11 e 16 anos a data 31 de decembro de 2016.

Prazo: ata o 17 de maio de 2016 ( documentación pode presentarse no centro ata o 10 de maio).

JAVIER ORDÓÑEZ RECOLLE UNHA DAS BOLSAS JUAN LAMPÓN

Hoxe entregáronse no IES da Pobra as XI Bolsas que recordan á figura de Juan Lampón,  alumno e deportista que faleceu nun tráxico accidente cando competía nunha regata.

Este ano, Javier Ordóñez Muñiz, alumno de 2º de ESO foi un dos premiados, demostrando que a paixón polo deporte non está reñida co rendemento académico.

Javier, campeón galego e de España en piragüismo, recibeu esta beca de 250 euros para material escolar, deportivo ou cultural de mans da nadadora Aida García.

Noraboa a todos os premiados!

Distribuir contido


by Dr. Radut