Skip to Content

Celebrando Erasmus Days coas nosas alumnas tituladas

Hoxe, co gallo dos ErasmusDays visitáronnos de forma telemática as nosas antigas alumnas Antía Viturro e Bianca Fernandes, que falaron ás alumnas de 1º de TAPSD da súa experiencia Erasmus+.

E adiviñade o que... as dúas recomendan a experiencia.

E ti?  apúntaste?

 

Antía e Bianca falando da experiencia ErasmusPlus ao alumnado de 1º TAPSD

IMPORTANTE: PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

12/10/2022 10:00
Europe/Madrid

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade vén de publicar na súa web a resolución de centros beneficiarios para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

Entrega dos certificados B1 en Lingua portuguesa

 

O venres, 30 de setembro, tivo lugar a entrega dos certificados B1 de Lingua Portuguesa. O alumnado de Lingua portuguesa que se presentou ás probas de certificación do Instituto Camões acadou o nivel B1 e o pasado venres, a Coordinadora do Instituto Camões en España e a responsable do Camões en Vigo asistiron á entrega dos títulos.

BOLSAS AMANCIO ORTEGA

Para alumnado matriculado en 4º de ESO.Máis información:

https://becas.faortega.org/

Plazo de inscrición: do 12 de septembro al 12 de octubre de 2022.

 

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS

O alumnado, profesorado e familias participantes no programa E-Dixgal dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

 

Soporte premium E-Dixgal en puntos de atención (debidamente sinalizados co logotipo do proyecto) espallados por toda a xeografía galega. Aquí o mapa:


Folleto informativo

PROTOCOLO DE USO DOS EQUIPOS EVA E-DIXGAL

Formato vídeo

 

Formato presentación

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 - 2023

Achégase a listaxe de libros do curso 2022 - 2023.

 Téñanse en conta a informació daqueles libros marcados con asterisco (*).

 

COMEZO CURSO 2022 - 2023

Infórmase de que o día 9 de setembro todo o alumnado asistirá ao centro no horario habitual, de 8:30 e 14:10 horas.

Clases en horario habitual

    • Mañá do luns: 8:30 a 14:10 horas (ESO, Bacharelato e Ciclos).
    • Tarde do luns: 16:20 a 18:00 horas (ESO, Bacharelato e Ciclos)
    • Mañá de martes, mércores, xoves e venres: 8:30 a 14:10 (ESO e Bacharelato) // 8:30 a 15:00 (Ciclo)

Un saúdo e bo comezo de curso

HORARIO MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto, o centro abrirá os xoves de 11 a 13 horas.Para urxencias, chamar ao teléfono 637796869

LISTAXES 1ª ADXUDICACIÓN ORDINARIA CICLOS FP

19/07/2022 11:13
22/07/2022 13:00
Europe/Madrid

Publicadas as listaxes de persoas con praza adxudicada e de persoas en espera para os ciclos medios e superiores en modalidade ordinaria de FP o curso 2022-2023.

 

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC) ciclosadmision.

 

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse no centro adxudicado antes do día 22 de xullo ás 13:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut