A Xunta de Galicia vén de convocar as axudas para as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2023-24 estea matriculado en 2º de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). Desde o centro infórmase que non ten a validez das probas da Escola Oficial de Idiomas.
As probas son gratuitas para o alumnado.
O alumnado interesado deberá enviar un correo electrónico a ies.felix.muriel@edu.xunta.gal indicando no asunto "A/A Vicedirección. Certificación Inglés" (antes do 2 de novembro) e no corpo incluír:
- nome e apelidos da/o alumno
- DNI da/o alumno/a
- curso no que está matriculada/o.
- nivel (B1, B2 ou C1) ao que quere presentarse.
- compromiso de que asistirá á proba na data que se establezca "Declaro ter interese na realización da proba de certificación sinalada anteriormente e comprométome a asistir a ela no caso de recibir a axuda económica".