Skip to Content

Faladoiro "Reutilización e aproveitamento de recursos no ámbito social"

23/03/2022 22:29
Europe/Madrid

O luns 21 veunos visitar a 1º de CM de "Atención a persoas en situación de dependencia" Santi Barros, Integrador Social que desenvolve seu traballo na Asociación Boa Vida de Pontevedra.

Sua exposición xirou en torno a tres aspectos:
  • O labor de reciclaxe e reutilización de prendas e enseres, que realizan as persoas participantes da actividade da asociación, e que constitúe un xeito de autofinanciamento d asociación.
  • O proxecto "Vivir co rural" do que é coordinador, que dinamiza o rural así como é unha actividade de inclusión social.
  • A súa experiencia profesional como traballador do eido social en xeral, e da inclusión en particular.
 
O alumnado de 1° de CM de ATPSD tivo así ocasión tamén de conversar e intercambiar ideas cun ex-alumno dun ciclo superior da nosa familia profesional.
Foi unha xornada enriquecedora e inspiradora e tanto alumnado como docentes agradecemos a Santi o tempo con nós.
 
 


event | by Dr. Radut