Skip to Content

PARABÉNS AOS PARTICIPANTES NA IV OLIMPÍADA FILOSÓFICA

 

Dende Bibliomuriel queremos felicitar ás alumnas Amanda Mariño Rial  e Alicia e María Fernández Insua, así como ao profesor Rafael Saco polo seu “bo facer” na IV Olimpíada Filosófica.

Aínda que non acadaron o primeiro premio, o traballo presentado foi dunha gran calidade, abraiante para os “legos” e recoñecida polos expertos.

 

Non é sorprendente que os nosos representantes chegaran á final do certamen: sabemos do esforzo que hai detrás de toda a súa labor; por iso, resultan -cando menos- sorprendentes os criterios insondables e arcanos que levaron ós xuíces a valorar cada presentación.

 

Nunha época na que a mediocritas (no seu valor semántico máis peiorativo) é, por desgraza, aurea, coidamos que o grupo do instituto forma parte dos audentes (“audaces”) verxilianos aos que a deusa Fortuna favorece e que nos fan lembrar, unha vez máis, a máxima ciceroniana tan curta como intemporal: O tempora, o mores!

 



story | by Dr. Radut