Skip to Content

DÍA DO LIBRO

Bibliomuriel organizou diversas actividades para celebrar o Día do libro e o IV Centenario da morte de Cervantes, coordinadas pola profesora Esperanza Sánchez, dinamizadora da biblioteca.

Representóuse o celebre capítulo dos Muíños, de D. Quijote de la Mancha.

Actores: Raúl García (D. Quijote), Diego Mirón ( Sancho), Mario Viñas (xigante 1)  de 2º ESO e Marcos Gómez (xigante 2) de 1º BAC. Dende eiquí, agradecémoslle a súa colaboración entusiasta e desinteresada. Enhoraboa!

Anthony de Jesús interpretou o Rap de D. Quijote co seu ritmo impresionante e o seu sempiterno bo humor, (Letra: Esperanza Sánchez, Música: Anthony de Jesús).

Grazas, Anthony e Enhoraboa!

Queremos tamén agradecer a colaboración dos alumnos de 4º PDC pola sua axuda no referente ao atrezzo e sonido. Moitas grazas!

 

 O próximo día 25 haberá unha charla, dirixida aos alumnos de 1º BAC B, acerca da Orixe da escritura e O libro e os seus soportes(pergamiño, papiro e papel)

Se falará tamén sobre o Beato de Liébana e os Libros de Horas. Os alumnos coñecerán as edicóns facsímiles.

E para rematar unha presentación de Bibliomuriel

 



story | by Dr. Radut