Aquí vos presentamos todas as vosas propostas, como vedes sen límites. Somos moitos e cada quen ten o seu gusto.
O Equipo da Biblioteca quere agradecer a colaboración de Aida Saco Beiroa, que con moito gusto, nos deixou escoitar as súas composicións. Estamos orgullosos de ter tal ex- alumna. Grazas, Aida!
Tamén a nosa gratitude para as administrativas Loli e Ánxeles pola súa paciencia e bo talante. Axudáronnos moitísimo aguantando a nosa pesadez. Grazas, compañeiras.
Paola, alumna de ciclo sacóunos de grandes apuros en segundos, convertindo cataratas en regatos. Grazas, Paola.